DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 18 de decembro de 2006 Páx. 18.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 5 de decembro de 2006 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite urxente, da contratación da obra de reparación de fachadas na UVA 4, bloque 18 do polígono de Caranza (Ferrol). (Expediente C2006/REP07).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reparación de fachadas na UVA 4, bloque 18 do Polígono de Caranza (Ferrol).

b) Prazo de execución: 4 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: catrocentos setenta e dous mil catrocentos dous euros con trinta e sete céntimos (472.402,37 A) IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: C-4-e; C-7-e.

7. Obtención de documentación.

-Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que haberá de rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións en:

-Copistería Copy Nino.

Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 58 89 38.

-Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=7519

8. Presentación de ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax: 981 54 16 00 no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura de ofertas.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público no salón de actos da sede dos servizos centrais do IGVS, ás dez (10.00) do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

11. Gasto do anuncio.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2006.

Teresa Táboas Veleiro

Presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo