DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN conxunta do 30 de novembro de 2006, do Instituto Galego de Consumo e da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a concesión dos premios dos traballos presentados polo alumnado das escolas de arte e bacharelatos artísticos para a elaboración de carteis que teñan como tema o consumo responsable.

Por Resolución conxunta do 30 de setembro de 2006 (DOG nº 199, do 16 de outubro), o Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocaron un concurso de premios dirixido ao alumnado das escolas de arte e bachaleratos artísticos para a elaboración de carteis que teñan como tema o consumo responsable. Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases, polo xurado mencionado na base sétima da citada resolución, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos aos carteis presentados conforme a Resolución conxunta do 30 de setembro de 2006, que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2006.

Laura Elena Sánchez PiñónEmilio Nogueiro Moure

Conselleira de EducaciónPresidente do Instituto

e Ordenación UniversitariaGalego de Consumo

ANEXO

Primeiro premio:

Título: Consumo responsable.

Autor: Luis Prados Lence.

Nivel: 2º curso de deseño gráfico.

Centro: Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.

Dotación económica: 1.000 euros e diploma.

Segundo premio:

Título: Por favor, consumo responsable.

Autora: Noelia Outeda Souto.

Nivel: 2º curso de gráfica publicitaria.

Centro: Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense.

Dotación: 800 euros e diploma.

Terceiro premio:

Título: Consumo responsable.

Autora: María Mata Gayoso.

Nivel: 2º curso de deseño gráfico.

Centro: Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo.

Dotación: 600 euros e diploma.

Accesits:

Título: Consumo responsable.

Autora: Romina Figueira Outeiral.

Nivel: 2º bachalerato-artes.

Centro: IES Praia de Baraña de Boiro.

Dotación: 300 euros e diploma.

Título: Consumo responsable.

Autor: Nicolás I. Musa Atma-Indra.

Nivel: 2º curso de gráfica publicitaria.

Centro: Escola de Arte Antonio Faílde de Ourense.

Dotación: 300 euros e diploma.