DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.386

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN conxunta do 30 de novembro de 2006, da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e do Instituto Galego de Consumo, pola que se fai pública a selección dos premios ás mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor na escola, desenvolvidos dentro do marco da rede de educación do consumidor e a selección de novos proxectos presentados por centros educativos de niveis non universitarios, que desexen incorporarse ou permanecer na citada rede.

Por Resolución conxunta do 30 de setembro de 2006 (DOG nº 199 do luns 16 de outubro), o Instituto Galego de Consumo e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocaron un concurso para premiar as mellores memorias dos proxectos de educación do consumidor na escola, desenvolvidos dentro do marco da rede de educación do consumidor e para a selección de novos proxectos presentados por centros educativos de niveis non universitarios, que desexen incorporarse ou permanecer na citada rede. Vista a proposta do xurado relativa á selección dos traballos presentados, efectuada segundo o disposto nas bases, polo xurado mencionado na base segunda da citada resolución, procede a súa publicación de conformidade con esta. Na súa virtude,

RESOLVEMOS:

Facer pública a selección dos premios concedidos ás memorias presentadas conforme a Resolución conxunta do 30 de setembro de 2006, e a selección dos novos proxectos que se relacionan no anexo desta orde.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2006.

Laura Elena Sánchez PiñónEmilio Nogueiro Moure

Conselleira de EducaciónPresidente do Instituto

e Ordenación UniversitariaGalego de Consumo

ANEXO

Os proxectos premiados na presente convocatoria, por orde alfabética, son os seguintes:

1. CEIP Ardán.

Localidade: Marín (Pontevedra).

Título do proxecto: A auga.

Coordinador: José Ángel Graña Piñeiro.

Puntuación obtida: 1.

Contía do premio: 1.700 euros.

2. CEIP Bergantiños.

Localidade: Carballo (A Coruña).

Título do proxecto: Educar para o consumo responsable: a roupa.

Coordinadora: Mª Teresa López Caballero.

Puntuación obtida: 5.

Contía do premio: 3.800 euros.

3. IES Carlos Casares.

Localidade: Viana do Bolo (Ourense).

Título do proxecto: Consumo e humanidade: onte, hoxe e mañá.

Coordinador: Carlos Ferreiro González.

Puntuación obtida: 5.

Contía do premio: 3.800 euros.

4. CEIP Enrique Barreiro Piñeiro.

Localidade: Cambados (Pontevedra).

Título do proxecto: Aprendemos a consumir: o vestido.

Coordinadora: Alba Ambrós Dominguez.

Puntuación obtida: 3.

Contía do premio: 2.460 euros.

5. CEIP Domaio.

Localidade: Moaña (Pontevedra).

Título do proxecto: O seixo viaxeiro: un xoguete moi especial.

Coordinadora: Mª Ángeles Toucedo Rey.

Puntuación obtida: 3.

Contía do premio: 2.460 euros.

6. CEIP Froebel.

Localidade: Pontevedra.

Título do proxecto: Ocio e tempo libre.

Coordinadora: Mª Teresa Couto Nogueira.

Puntuación obtida: 1.

Contía do premio: 1.700 euros.

7. IES Laxeiro.

Localidade: Lalín (Pontevedra).

Título do proxecto: Consumo Contigo.

Coordinadora: Jesús Mª Jubón Salgado.

Puntuación obtida: 3.

Contía do premio: 2.460 euros.

8. CEIP Lourido.

Localidade: Poio (Pontevedra).

Título do proxecto: Educación e consumo.

Coordinador: Manuel V. Fontán Teso.

Puntuación obtida: 5.

Contía do premio: 3.800 euros.

9. IES Porta da Auga.

Localidade: Ribadeo (Lugo).

Título do proxecto: Primeiro pensa, logo consume.

Coordinador: Antonio Gregorio Montes.

Puntuación obtida: 1.

Contía do premio: 1.700 euros.

10. Colexio Sagrado Corazón de Jesús.

Localidade: Ribadeo (Lugo).

Título do proxecto: Comemos coa cabeza III.

Coordinadora: Begoña Sanjurjo Santar.

Puntuación obtida: 1.

Contía do premio: 1.700 euros.

11. CEIP Santa Rita.

Localidade: Galdo (Lugo).

Título do proxecto: As máquinas conforman o mundo III.

Coordinador: José Rodríguez Costa.

Puntuación obtida: 3.

Contía do premio: 2.460 euros.

12. CEIP Santo Estevo.

Localidade: Parga (Lugo).

Título do proxecto: Comemos e consumimos: consumo racional de alimentos II.

Coordinador: Manuel P. Vizcaíno Díaz.

Puntuación obtida: 5.

Contía do premio: 3.800 euros.

13. CEIP Seis do Nadal.

Localidade: Vigo ( Pontevedra).

Título do proxecto: Consumo responsable...no seis.

Coordinadora: Sira Alves Domínguez.

Puntuación obtida: 4.

Contía do premio: 2.460 euros.

14. EEI Verducido.

Localidade: Verducido (Pontevedra).

Título do proxecto: Alimentación: formación de consumidores responsables.

Coordinadora: Raquel Mera Dios.

Puntuación obtida: 1.

Contía do premio: 1.700 euros.

O xurado decide non premiar as memorias do proxecto presentado polo IES María Casares da Coruña, por estar orientada ao tema de saúde sen que se reflictan claramente os aspectos de educación para o consumo.

De acordo ao establecido no punto décimo primeiro da sección terceira da citada resolución conxunta, o xurado decide seleccionar os proxectos trienais presentados polos centros que se relacionan a seguir, que se integran ou permanecen na rede de educación do consumidor:

Proxecto: Libros de folla caduca (condicionado a un axuste dos contidos).

Centro: CRA Mestre Manuel Garcés de Tomiño (Pontevedra).

Coordinadora: Mª del Carmen Durán Núñez.

Proxecto: Consume froitos dos nosos bosques.

Centro: CEIP Santa Rita de Galdo-Viveiro (Lugo).

Coordinador: José Rodríguez Costa.