DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.415

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

ORDE do 5 de decembro de 2006 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo que se sinalan no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nas súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntarlle xunto á petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulten seleccionados/as para ocupar os postos de traballo que se relacionan no anexo I desta orde, funcionarios/as con destino noutras administracións, requirirase o informe favorable do departamento onde presten servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de quince días, segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, podendo, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade que a do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o día seguinte ao da publicación da resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido

na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2006.

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes

ANEXO I

Denominación do posto de traballo: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Control Orzamentario.

Código do posto de traballo: OT.C02.00.001.15770.001.

Centro directivo: Secretaría Xeral.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: A1 Administración xeral.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Complemento específico: 16.263,36 euros.

Titulación:

Tipo de adscrición: A11 (Adscrición indistinta funcionarios Administración Xunta de Galicia/Administración Estado/Administración comunidades autónomas).

Formación específica: 523-640 (Diploma de directivo-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego. R.I.).

Denominación do posto de traballo: Subdirección Xeral de Xestión.

Código do posto de traballo: OT.C04.00.008.15770.001.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: A4 Administración xeral/especial.

Grupo: A.

Nivel: 30.

Complemento específico: 16.263,36 euros.

Titulación:

Tipo de adscrición: A11 (Adscrición indistinta funcionarios Administración Xunta de Galicia/Administración Estado/Administración comunidades autónomas).

Formación específica: 523-640 (Diploma de directivo-Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego. R.I.).

Denominación do posto de traballo: Servizo de Apoio Técnico.

Código do posto de traballo: OT.C04.00.008.15770.010.

Centro directivo: Dirección Xeral de Obras Públicas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: A4 Administración xeral/especial.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Complemento específico: 12.029,16 euros.

Titulación:

Tipo de adscrición: A11 (Adscrición indistinta funcionarios Administración Xunta de Galicia/Administración Estado/Administración comunidades autónomas).

Formación específicas: 640 (Para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego. R.I.).