DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.422

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

CÉDULA do 1 de decembro de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a notificación da resolución dun expediente tramitado por esta entidade.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 13, do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle con carácter de urxencia á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de 1ª Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

O correspondente expediente consta no Servizo de Persoas Maiores, Persoas con Discapacidade e Menores, da Delegación da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar en Vigo.

Nº expediente: 381/2006.

Interesado: José Luis Barreiro Pazo.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación de resolución administrativa de data 19 de setembro de 2006.

Vigo, 1 de decembro de 2006.

Francisco Xabier Verea Argibay

Delegado provincial de Ourense

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES