DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

ANUNCIO do 20 de novembro de 2006, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente PO-CN-2006/081.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación

persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta delegación provincial, sita na rúa Benito Corbal 47, 5º andar, de Pontevedra, en horario das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 20 de novembro de 2006.

Marta Molíns Otero

Instrutora

ANEXO

Expediente: PO-CN-2006/081.

Interesado: Godoy Maceira, S.L.

Acto notificado: proposta de resolución.