DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

ANUNCIO.

Aprobado por decreto da Alcaldía o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán o concurso para a adxudicación, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, do contrato de consultoría e asistencia para a redacción do Plan especial do conxunto histórico artístico de Baiona, procédese á súa exposición ao público polo período de oito días para os efectos de presentación de reclamacións, aprazándose, de ser o caso, a presentación das propostas segundo o disposto no artigo 122 do TRRL.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Baiona.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan especial do conxunto histórico artístico de Baiona.

3. Tipo de licitación do proxecto: 100.000 euros.

4. Tramitación: ordinaria.

5. Procedemento: aberto.

6. Forma: concurso.

7. Garantía provisional: 2.000 de euros.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións: as proposicións presentaranse no rexistro xeral do Concello de Baiona, durante o prazo de quince días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no BOP en horario 9.00 a 13.00 horas.

9. Documentación que hai que presentar: véxanse as bases que rexen o concurso.

10. Apertura de plicas: terá lugar na casa consistorial o sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das proposicións (no caso de coincidir en sábado trasladarase ao seguinte día hábil posterior).

Baiona, 4 de decembro de 2006.

Jesús Vázquez Almuíña

Alcalde