DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 30 de outubro de 2006, acordou aprobar definitivamente o estudo de detalle que ten por obxecto completar aliñacións e rasantes e ordenación de volumes dunha parcela de 8.819,90 m de superficie cualificada como equipamento comercial, incluída na zona dotacional do polígono industrial de Bergondo deste concello, promovido por Procayca, S.L., representada por José Campos Ramos.

Con esta data remítese á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a documentación prevista no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo diante do Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; de conformidad cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo.

Previa e potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición, ante o órgano que ditou o acordo, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da devandita publicación.

Tamén se poderá interpoñer o recurso extraordinario de revisión, cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formular a solicitude e por instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da devandita lei.

Bergondo, 27 de novembro de 2006.

P.D. (Decreto 973/2006)

Alejandra Pérez Máquez

Alcaldesa en funcións