DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO de licitación.

Aprobado o prego de condicións administrativas particulares que rexerán no procedemento para a contratación da execución da obra referenciada, exponse ao público por 8 días hábiles seguintes á publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns oficiais en que apareza (Diario Oficial de Galicia ou BOP), para que poida presentar reclamacións quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase a poxa, aínda que a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións aos pregos.

Durante o prazo de presentación de instancias permanecerá, así mesmo, exposto o correspondente proxecto técnico, podendo presentarse as alegacións que se entendan oportunas.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de saneamento en Pardellas. Prazo de execución: 5 meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma: poxa.

4. Tipo de licitación: 96.335,30 euros, IVE e demais tributos incluídos.

5. Garantía provisoria: non se exixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: Concello de Mos. Reguengo, 1, 36416 Petelos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00. Telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 26 días hábiles seguintes ao da publicación do presente anuncio no último dos boletíns en que apareza (Diario Oficial de Galicia ou BOP). Das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres; das 9.00 ás 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións constarán de 2 sobres pechados, A e B, denominados de «Documentación xeral» e «Documentación específica para o concurso», coas inscricións e contendo a documentación que se sinala na cláusula 8 dos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, ás 13.00 horas do 6º día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para os efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. Modelo de proposición contido nos pregos de condicións.

Mos, 20 de novembro de 2006.

P.D.

Xosé Manuel Martínez Ojea

Primeiro tenente alcalde

ANEXO

Modelo de proposición

D/Dª..., co DNI nº...; actuando en nome propio ou en representación da entidade...; con enderezo para os efectos de notificacións en..., tendo coñecemento do procedemento tramitado polo Concello de Mos para a execución das obras de saneamento en Pardellas, e coñecedor dos pregos aprobados para o

efecto, comprométese a efectuala ofertando o seguinte prezo:

...

(Lugar e data)

(Sinatura)

Máis información nos pregos, que se poderán consultar en horario de oficinas na propia casa do concello ou solicitar para a súa remisión por correo, segundo establecen estes.

Finalmente, e ao tratarse dunha obra sometida ao Regulamento de actividades insalubres, molestas, nocivas e perigosas, de conformidade co artigo 4 do Decreto 2183/1968, do 16 de agosto, concédese un prazo de 10 días hábiles, posteriores ao seguinte ao de publicación do presente anuncio no BOP, para que calquera interesado poida presentar as alegacións que considere oportunas ao proxecto referido.