DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría. Número de expediente: C.OB.25/2006.

2. Obxecto do contrato: execución da obra de mellora da seguranza viaria acceso a Santo Eleuterio. Lugar de execución: concello de Mos. Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación: urxente. Procedemento: aberto. Forma: concurso.

4. Tipo de licitación: 450.010,91 euros.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación no Concello de Mos. Rúa Reguengo, 1, Petelos. 36416 Mos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18. Data límite de obtención de documentos e información: ata o terceiro día previo ao de finalización do prazo para a presentación de ofertas.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Solvencia económico-financeira e técnico-profesional: segundo se determina nos artigos 5 e 8 dos devanditos pregos. Clasificación:

-Grupo E), subgrupo 1, categoría c).

-Grupo G), subgrupo 4, categoría c).

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 13 días hábiles desde o seguinte ao de publicación deste anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP), das 8.00 ás 14.00 horas de luns a venres; das 9.30 ás 13.00 horas os sábados, no rexistro xeral do concello ou da forma sinalada na cláusula 8 do prego de condicións.

b) Documentación que hai que presentar: segundo se sinala na cláusula 8 dos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, ás 11.00 horas do 1º día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de pro

posicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses e tres días desde a data fixada para a recepción das ofertas.

11. Admisión de variantes: déixaselles ampla liberdade aos licitadores respecto ás melloras que, sobre o propio proxecto da obra e en canto á calidade dos materiais empregados, poidan presentar, sempre que incidan nas súas características estéticas ou funcionais ou o seu valor técnico, teñan un valor engadido sobre ela e repercutan no mellor servizo ou utilidade pública. Prevalecerá a solución técnica ou mellora máis acorde coas características da obra.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

13. Modelo de proposición contido nos pregos de condicións:

D...., co DNI nº..., actuando en nome propio ou en representación da entidade..., con enderezo para efectos de notificacións en..., tendo coñecemento do procedemento tramitado polo Concello de Mos para a execución da obra de mellora da seguranza viaria acceso a Santo Eleuterio, coñecedor dos pregos e do proxecto técnico aprobados para o efecto, comprométese a efectuala ofertando as seguintes melloras:

1. Melloras sobre o propio proxecto de execución da obra.

Comprométese á execución de melloras por importe de... euros (en número e letra), que poderán ser, a criterio do órgano de contratación, as seguintes: (explicaranse o tipo de melloras que se oferte; poderán achegarse os anexos precisos).

2. Melloras sobre a calidade dos materiais empregados na realización da obra.

Comprométese á execución de melloras por importe de... euros (en número e letra), que poderán ser, a criterio do órgano de contratación, as seguintes: (explicaranse o tipo de melloras que se oferte; poderán achegarse os anexos precisos).

3. Maior prazo de garantía sobre o mínimo proposto.

-... meses ou anos (segundo proceda), que será de aplicación a maiores sobre o mínimo dun ano previsto nos pregos.

........

(Lugar e data)

(Sinatura)

Mos, 7 de decembro de 2006.

María Jesús Escudero Lago

Alcaldesa