DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Martes, 19 de decembro de 2006 Páx. 18.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2006 pola que se anuncia o concurso para a subministración e instalación de herba artificial en quince campos de fútbol da provincia de Pontevedra.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación da subministración e instalación de herba artificial en quince campos de fútbol da provincia de Pontevedra dentro do segundo plan para a promoción do deporte base, cun orzamento máximo de tres millóns catrocentos cincuenta mil euros (3.450.000 A) IVE incluído.

Presentación de plicas: ata o día 26 de xaneiro de 2007.

Apertura de plicas: o día 31 de xaneiro de 2007, ás 10.00 horas no pazo provincial.

Fianzas: a provisional do 2% do orzamento do contrato e a definitiva do 4% do importe de adxudicación.

Información: Servizo de Contratación da deputación. Teléfono: 986 80 41 01 e a páxina web www.depontevedra.es

Pontevedra, 1 de decembro de 2006.

Rafael Louzán AbalCarlos Cuadrado Romay

Presidente da DeputaciónSecretario da Deputación

Provincial de PontevedraProvincial de Pontevedra