DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Mércores, 20 de decembro de 2006 Páx. 18.449

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 14 de decembro de 2006 pola que se nomea novo secretario do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia.

Os comités éticos de investigación clínica son os encargados de emitir informe sobre todos os ensaios clínicos que se realicen dentro do seu ámbito territorial. Os ensaios clínicos e os devanditos comités regúlanse na Comunidade Autónoma de Galicia polo Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro.

A Orde do 11 de xullo de 1996, pola que se crea o Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, no seu artigo 3 dispón que a composición do comité se axustará ao establecido no Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, e os seus membros nomearanse por orde da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente (modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro), a Orde do 11 de xullo de 1996 e a disposición adicional primeira do Decreto 32/1996, do 25 de xaneiro, antes citados, e por proposta da Subdirección Xeral de Farmacia e Productos Sanitarios do Servicio Galego de Saúde,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Noméase secretario do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola Orde do 11 de xullo de 1996, a persoa que se cita no anexo.

2. Noméase secretaria suplente do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia, creado pola orde do 11 de xullo de 1996, a persoa que se cita no anexo.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 10 de outubro de 2006 pola que se nomea novo membro do Comité Ético de Investigación Clínica de Galicia (DOG nº 216, do 9 de novembro).

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2006.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO

Novo secretario do CEIC de Galicia:

-Juan José Casas Rodríguez.

-Médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria, da Xerencia de Atención Primaria de Lugo.

Nova secretaria suplente do CEIC de Galicia:

-Silvia Represa Veiga.

-Farmaceútica de Atención Primaria da Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA