DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Xoves, 21 de decembro de 2006 Páx. 18.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da segunda modificación puntual do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do conxunto histórico-artístico de Pontevedra (PEPRICA) en diversos elementos.

O Pleno da Corporación, na sesión do vinte de outubro de dous mil seis, prestou aprobación definitiva ao proxecto de modificación puntual do Plan Especial de Protección, Reforma Interior e Conservación Artística do conxunto histórico de Pontevedra en diversos elemetos, instrumento urbanístico redactado polo arquitecto xefe da Oficina Técnica Municipal de Planeamento e Xestión Urbanística, Carlos García Velasco, datado en xuño de 2005, sendo os elementos afectados pola modificación os seguintes: rueiro Z1-C15 elemento 07, rueiro ZR-C52 elementos: 11, 16, 17, 18, 19 e 23, e rueiro Z5-C53 elemento 06. Así mesmo dispúxose publicar este acordo na forma legalmente establecida con comunicación ás administracións públicas, entidades e personas interesadas, con ofrecemento do réxime de recursos procedentes.

De conformidade co disposto no artigo 92.3º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (DOG do 31 de decembro), deuse traslado de dous exemplares dilixenciados do instrumento aprobado á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia, tendo entrada nese organismo o 9-11-2006.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que esgota a

vía administrativa, poderá interpoñer directamente quen se considere lexitimado o recurso contencioso administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impuganada, consonte co establecido nos artigos 10.1º.6) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados conforme estimen procedente conforme dereito, significándose que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 13 novembro de 2006.

Xosé Cesáreo Mosquera LorenzoJulio Dapena Outormuro

Tenente Alcalde delegadoSecretario xeral do Pleno

da Área de Urbanismo e Ambiente