DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Martes, 02 de xaneiro de 2007 Páx. 30

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 14 de decembro de 2006 pola que se convoca o terceiro procedemento de integración voluntaria no réxime estatutario para o persoal funcionario e laboral dos hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Como consecuencia da asunción por parte da Administración autonómica galega da asistencia sanitaria dos centros transferidos doutras administracións que pasaron a integrarse na rede sanitaria propia do Sergas, nas súas institucións sanitarias convive o persoal estatutario, xunto co funcionario e o laboral. A diferente regulación de cada un destes colectivos deu lugar a dificultades na xestión e na organización do traballo que conduciron a impulsar a necesaria integración deses profesionais no réxime estatutario, na procura da pacífica convivencia conxugada coa organización do traballo.

O Decreto 447/1996, do 26 de decembro (DOG nº 3, do 7 de xaneiro de 1997) regula as bases para homologación e integración no réxime estatutario do persoal funcionarial e laboral dos centros transferidos, facultando a Consellería de Sanidade para adoptar as medidas de desenvolvemento e execución necesarias. Neste sentido efectuáronse dúas convocatorias de integración en cada centro transferido, en que voluntariamente participaron os profesionais interesados, optando os demais por permanecer no réxime xurídico orixinario.

No acordo de mellora retributiva e profesional do 1 de outubro de 2003 (DOG nº 232, do 28 de novembro) prevese a convocatoria con carácter anual da apertura de prazos de opción de integración no réxime estatutario en idénticas condicións á primeira oferta realizada polo Sergas.

Pola súa banda, a Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia (DOG nº 246, do 19 de decembro), vén recoller no seu artigo 55.4º a promoción das medidas necesarias para a integración progresiva nun réxime xurídico común de todo o persoal que presta servizos no Sergas, como un dos principios xerais en materia de persoal, que se concreta aínda máis no artigo 56, cando no seu punto 3, establece o réxime estatutario como o aplicable con carácter xeral ao persoal do organismo, e ao mesmo tempo faculta de xeito expreso a Administración sanitaria galega para establecer os procedementos que habiliten a progresiva homologación e integración do persoal funcionario e laboral.

A Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde (BOE nº 301, do 17 de decembro), na súa disposición adicional quinta, establece que co obxecto de homoxeneizar as relacións de emprego do persoal de cada un dos centros, institucións, ou servizos de saúde, e co fin de mellorar a eficacia na xestión, as administracións sanitarias públicas poderán esta

blecer procedementos para a integración directa, con carácter voluntario, na condición de persoal estatutario.

As disposicións contidas nesta norma foron obxecto de negociación na Mesa sectorial de persoal das institucións sanitarias do Sergas do 18 de xullo de 2006.

Na súa virtude, de acordo co anterior, e para a súa efectividade, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Obxecto e ámbito de aplicación.

1. O persoal funcionario e/ou laboral fixo dependente dos centros de xestión de atención especializada do Sergas (relacionados no anexo I desta orde), a que se refire o artigo 1 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro, poderán solicitar a homologación e integración no réxime estatutario regulado polo Estatuto marco aprobado pola Lei 55/2003, do 16 de decembro, nos termos e condicións que se establecen na presente norma, sempre que reúna os requisitos de titulación exixidos pola lexislación vixente, e que, á súa entrada en vigor se encontren nalgúns dos supostos recollidos no parágrafo seguinte:

Requisitos de acceso:

a) En situación de servizo activo.

b) En situación que implique a suspensión na relación de servizos laboral ou funcionarial, con reserva de posto de traballo, por algunha das causas establecidas na lexislación vixente, así como en situación de servizos especiais, no caso de persoal funcionario.

c) En situación de excedencia voluntaria, sempre que non transcorrese o tempo máximo desa excedencia previsto legalmente para cada caso. Neste suposto a integración efectuarase na situación de excedencia voluntaria e a posterior situación de servizo activo obterase de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Sergas (DOG nº 145, do 29 de xullo). A opción de integración poderá formularse no momento de solicitar o reingreso ou no prazo previsto nesta norma para o exercicio da opción.

2. Non poderá exercer o dereito de opción o persoal con vínculo temporal, de carácter funcionarial ou laboral, calquera que sexan as características de tal vínculo.

Artigo 2º.-Categorías homologables.

1. O persoal que exerza o dereito de opción integrarase nas categorías básicas do réxime estatutario que corresponda, segundo as características das prazas orixinaria e estatutaria de referencia.

Para tal efecto, será de aplicación a táboa de homologacións que figura no anexo I desta orde, na cal se relacionan as categorías funcionariais e laborais susceptibles de integracións e as correlativas estatutarias.

2. Porén, expedirase, no momento en que se resolva a solicitude de homologación e integración, un nomeamento adicional ao persoal que desempeñe postos de traballo de xefatura adquiridos en virtude dun concurso ou libre designación, no posto equivalente de carácter estatutario. Este nomeamento poderá ser definitivo, se o orixinario tiña tal condición por ser obtido mediante concurso ou concurso-oposición, ou ben provisional, se aquel foi expedido en virtude do sistema de libre designación.

Artigo 3º.-Efectos.

1. Ao persoal que resulte integrado aplicaráselle para todos os efectos o réxime económico e xurídico propio da categoría estatutaria en que se integre, e a súa prestación de servizos adecuarase á estrutura asistencial das institucións sanitarias do Sergas.

2. Ao persoal que resulte integrado no réxime estatutario, respectaráselle, para todos os efectos, a antigüidade que teña á entrada en vigor da presente orde, aínda que os trienios que se lle recoñezan con posterioridade á data en que teña efectividade a integración serano de acordo co previsto na disposición 2ª.2 do Real decreto 3/1987, do 11 de setembro, e normativa de desenvolvemento aplicable.

3. O persoal funcionario ou laboral que se integre no réxime estatutario será declarado na situación de excedencia voluntaria por incompatibilidade no seu corpo, escala e/ou categoría de orixe.

Artigo 4º.-Complemento persoal transitorio.

1. Ao persoal que, tendo efectuada a opción de integración, percibise retribucións superiores ás correspondentes á categoría de homologación no Sergas, recoñeceráselle un complemento persoal e transitorio consistente na diferenza de retribucións. O citado complemento será absorbido por calquera mellora retributiva que se produza neste exercicio ou posteriores, incluídas as derivadas de cambio de posto de traballo ou categoría, de acordo coa normativa orzamentaria.

2. Para o cálculo do complemento persoal transitorio, non se terán en conta as cantidades percibidas en concepto de atención continuada, complemento de nocturnidade, complemento de perigosidade, penosidade ou toxicidade, e realización de horas extraordinarias, así como calquera outro equiparable, nin as cantidades que en concepto de antigüidade teñan recoñecidas, ata a data en que remate o prazo de presentación das instancias para o exercicio da opción de integración.

3. Non se procederá a recoñecer ningún complemento persoal transitorio ao persoal do Hospital Santa María Nai de Ourense que por aplicación do acordo entre a Administración sanitaria e os representantes dos traballadores, publicado por Resolución conxunta do 29 de xullo de 1994, xa lle foron recoñecidos complementos persoais transitorios para a súa equiparación ao persoal estatutario do Sergas. Tampouco se recoñecerá o dito complemento ao per

soal que en virtude do mesmo acordo pasou, despois de terse adoptado este, a prestar servizos no mesmo centro coas mesmas condicións retributivas que o persoal estatutario.

Artigo 5º.-Efectos da non-integración.

1. Ao persoal que non exerza a opción de integración no réxime estatutario respectaráselle o réxime económico e xurídico que derive da súa situación de orixe, tanto funcionarial como laboral de remisión, coa dependencia orgánica e funcional do Sergas, de acordo co establecido no artigo 9 do Decreto 447/1996, do 26 de decembro.

2. Respecto das lagoas que se produzan na regulación dos colectivos funcionarial e laboral, aplicarase por analoxía a normativa da categoría estatutaria equiparable.

3. A prestación de servizos deste persoal non integrado adaptarase ás características de funcionamento das institucións sanitarias do Sergas, de forma que se integrará e adaptará na estrutura e organización de traballo dos centros sanitarios, debidamente cohonestado co resto do persoal destes.

Artigo 6º.-Exercicio do dereito de opción.

1. Prazos.

Sen prexuízo do establecido no inciso derradeiro do artigo 1º, o exercicio da opción de integración deberá realizarse con carácter individual, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da entrada en vigor desta orde, segundo modelo de instancia que se xunta como anexo II.

Os que non formulen opción expresa de integración entenderase que optan por non integrarse no réxime estatutario, coas consecuencias que se establecen no artigo 5º.

2. Procedemento.

As solicitudes, debidamente dilixenciadas pola dirección do centro, dirixiranse á División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas, e poderán ser presentadas nas oficinas de rexistro dos respectivos centros hospitalarios ou nas direccións provinciais do Sergas, sen prexuízo de que tamén poidan presentarse por calquera das formas establecidas na Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Documentación.

O persoal que efectúe a opción de integración achegará, xunto coa súa solicitude, a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada da titulación académica ou, de ser o caso, do libro de escolaridade.

b) O persoal médico achegará, así mesmo, fotocopia compulsada do título de especialista que posúa e/ou que o habilite para exercer a praza que vén desempeñando.

c) Certificado oficial acreditativo do centro onde presta servizos, categoría profesional, natureza funcionarial ou laboral do vínculo, así como do carácter de persoal fixo.

Artigo 7º.-Resolución.

As solicitudes serán resoltas pola División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional do Sergas no prazo máximo de dous meses desde que remate a presentación de instancias para formular a opción de integración. As resolucións expresarán os recursos que contra elas procedan; órgano ante o que deberán de presentarse e prazo para a súa interposición.

O anteriormente exposto enténdese sen prexuízo do disposto no parágrafo 1 c) do artigo 1º desta orde.

Disposicións adicionais

Primeira.-De acordo co establecido na disposición transitoria segunda da Orde do 26 de decembro de 1986 e na disposición adicional segunda do Decreto 447/1996, ao persoal que opte á integración na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermaría non lle será exixido o título de formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria, para integrarse na devandita categoría, sempre que á súa entrada en vigor se atopase prestando servizos en prazas desa categoría que resulten debidamente acreditados. Para tal fin, o centro hospitalario expedirá certificación de servizos prestados.

Segunda.-Os postos de traballo de orixe do persoal que opte pola súa integración no réxime estatutario consideraranse amortizados e reconvertidos nos correspondentes estatutarios que determina, para cada caso, a táboa de homologacións que se inclúe no anexo I desta orde.

As vacantes que se produzan de persoal laboral ou funcionario que non se integre no réxime estatutario e que non estean afectadas polas situacións previstas no artigo 1º.1 b) desta disposición, declararanse a extinguir para a súa amortización ou, de ser o caso, substitución por prazas de persoal estatutario do Sergas.

Os postos de traballo vacantes ocupados polo persoal do artigo 1º.2 desta norma consideraranse amortizados e reconvertidos en prazas de persoal estatutario, polo que o persoal que os ocupa cesará, na data en que teña efectividade a integración, no seu desempeño.

Porén o anterior, con efectos do día seguinte ao do cesamento, expediráselles un nomeamento ou formalizaráselles un contrato, segundo corresponda, para ocupar co mesmo carácter a correspondente praza de persoal estatutario.

Terceira.-Con respecto ao complemento PRD por traballo a quendas do persoal sanitario non facultativo e do persoal de xestión e servizos, incluirase entre as retribucións correspondentes á categoría de

homologación para os efectos da determinación do complemento persoal e transitorio a que fai referencia o artigo 4º desta disposición.

A consideración deste complemento no cálculo do complemento persoal e transitorio practicarase sobre a asignación da contía correspondente á modalidade de traballo por quendas que corresponda ao posto de traballo de homologación, segundo a configuración que daquel se fai no punto 1.1. do Acordo de concertación social sobre retribucións e condicións de traballo do persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario do Sergas (DOG nº 5, do 19 de marzo de 2001) publicado por resolución conxunta da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servizos Sociais e da División de Recursos Humanos do Sergas.

No suposto de producirse posteriormente á integración unha alteración no réxime de prestación de servizos do posto de traballo que determina a variación estable do réxime de traballo por quendas tomado en consideración para o cálculo do complemento persoal e transitorio, procederase á revisión do devandito complemento para reflectir nel a nova modalidade de quendas que pase a resultarlle de aplicación.

Cuarta.-No que respecta ao persoal das categorías en que a integración, segundo consta no anexo I, poida efectuarse en varias categorías estatutarias, a integración realizarase segundo sexan as funcións que veñan realizando de xeito estable e regular na organización de traballo do centro e que resulten debidamente acreditadas mediante certificación expedida pola dirección deste.

En todo caso, será condición imprescindible reunir os requisitos de titulación exixidos pola lexislación vixente para cada categoría de integración, sen menoscabo do establecido na disposición adicional primeira desta orde.

Quinta.-Persoal en expectativa de obter o título da especialidade.

O persoal suxeito a réximes transitorios de obtención do título da especialidade, que na data de publicación da presente orde non estivese en posesión deste, e aquel persoal que posúa unha titulación respecto da cal aínda non estivese desenvolvida a regulamentación das súas especialidades, homologarase á categoría estatutaria de persoal técnico titulado superior que corresponda, sen prexuízo da súa posterior integración como facultativo especialista de área no momento en que, consonte o réxime transitorio da normativa de desenvolvemento das especialidades respectivas, obteña a devandita titulación, e sempre que a dita normativa prevexa a integración á citada categoría.

A dita integración realizarase logo de solicitude do interesado, só e exclusivamente, desde a praza en que se produciu a homologación ao réxime xurídico de persoal estatutario de conformidade co disposto na presente orde.

Sexta.-Acceso ao réxime extraordinario de carreira profesional do persoal diplomado sanitario que resulte integrado no réxime estatutario.

En cumprimento do previsto na cláusula adicional cuarta do réxime extraordinario de acceso á carreira profesional regulado no Acordo do 4 de xullo de 2006 (DOG nº 155, do 11 de agosto), o persoal con vínculo de fixeza que opte pola integración e resulte integrado no réxime estatutario, nas correspondentes categorías de diplomados sanitarios, accederá ao dito réxime nas mesmas condicións que o persoal estatutario.

Para tales efectos deberá presentar a súa solicitude de conformidade co previsto na Resolución da División de Recursos Humanos e Desenvolvemento Profesional, do 31 de xullo de 2006 (DOG nº 155, do 11 de agosto), pola que se inicia o procedemento para o recoñecemento do grao I de desenvolvemento profesional das categorías de diplomados sanitarios do Servizo Galego de Saúde, achegando a documentación requirida nela.

O prazo para presentar esta solicitude será o establecido no artigo 6º desta orde para exercer o dereito de opción de integración no réxime estatutario.

Disposición transitoria

Única.-O persoal facultativo que se integre no réxime estatutario fará no momento da integración a opción polo réxime de dedicación normal ou de dedicación exclusiva ao sector público sanitario coa conseguinte renuncia ou solicitude de percepción do complemento específico, segundo o previsto no Decreto 11/1995, do 20 de xaneiro, polo que se regula o réxime de percepción do complemento específico para o persoal estatutario do Sergas e se establecen os prazos para formular solicitudes e renuncias.

A mentada opción resolverase, conxuntamente, coa solicitude de integración, no prazo establecido nesta norma.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2006.

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

Código: 1501.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Posto base grupo ECelador

Asistente social USMTraballador social

Asistente social COFTraballador social

DenominaciónCategoría básica de homologación

Auxiliar sanitarioTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

CociñeiroCociñeiro

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide.

Código: 1505.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Xefe de grupoGrupo auxiliar da función administrativa

Posto base grupo ECelador

LimpadorLimpador

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Código: 1571.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Posto base grupo AFacultativo especialista de área

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Operador entrada de datosGrupo auxiliar da función administrativa

Posto base grupo DGrupo auxiliar da función administrativa

Posto base grupo ECelador

Xefe de servizo Facultativo especialista de área

Médico adxuntoFacultativo especialista de área

Médico especialistaFacultativo especialista de área

AdministrativoGrupo administrativo

Auxiliar administrativoGrupo auxiliar da función administrativa

Axudante sanitarioCelador

Axudante sanitarioTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

CociñeiroCociñeiro

Xefe de servizo CC/90 Facultativo especialista de área

Supervisor xeral enfermaríaDiplomado en enfermaría

ATSDiplomado en enfermaría

Enxeñeiro técnicoEnxeñeiro técnico

Asistente socialTraballador social

Xefe de negociadoGrupo administrativo

Encargado de unidadeTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Oficial administrativo 1Grupo administrativo

Encargado xefe de cociñaCociñeiro

Auxiliar psiquiátricoTécnico en coidados auxiliares de enfermaría (en funcións de saúde mental)

Monitor laborterapiaMonitor

Auxiliar administrativo con HEGrupo auxiliar da función administrativa

Porteiro CC/90Celador

Garda porteiroCelador

Camareiro de barCelador

TelefonistaTelefonista

CostureiroCostureiro

Fontaneiro Fontaneiro

AlbanelAlbanel

PerruqueiroPerruqueiro

Peón cristaleiro-pintorPintor

Axudante de limpeza sen HELimpador

Auxiliar de cociñaPinche

Axudante de almacénCelador

Axudante de lavandaríaLavandeiro

Axudante técnico laboratorioTécnico especialista en laboratorio de diagnóstico clínico

Oficial laboratorioTécnico especialista en laboratorio de diagnóstico clínico

Limpador Limpador

DenominaciónCategoría básica de homologación

Médico especialistaFacultativo especialista de área

Técnico admón. xeralGrupo técnico da función administrativa

Supervisor xeralDiplomado en enfermaría

Asistente socialTraballador social

Mestre cociñeiroCociñeiro

Técnico FP 2Técnico especialista *

Auxiliar de clínicaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

CeladorCelador

OrdenanzaCelador

Oficios variosPeón

* Indicar a especialidade que corresponda entre as seguintes:

-Laboratorio de diagnose clínica.-Anatomía patolóxica e citoloxía.-Imaxe para a diagnose.-Radioterapia.

Complexo Hospitalario Xeral-Calde.

Código: 2701.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Xefe sección provincialFacultativo especialista de área

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Posto base grupo CGrupo administrativo

Auxiliar sanitarioTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Complexo Hospitalario de Ourense.

Código: 3201.

DenominaciónCategoría básica de homologación

AdministradorGrupo administrativo

Director de enfermaríaDiplomado en enfermaría

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Posto base grupo CGrupo administrativo

Posto base grupo DGrupo auxiliar da función administrativa

Xefe servizo con CEFacultativo especialista de área

Xefe sección con CEFacultativo especialista de área

Xefe sección sen CE Facultativo especialista de área

Facultativo xerarquizado medicina xeralFacultativo especialista de área

Grupo técnico da función administrativaGrupo técnico da función administrativa

Xefe sección administrativoGrupo administrativo

Xefe grupo auxiliar administrativo Grupo auxiliar da función administrativa

Celador atención directa ao enfermoCelador

Celador sen atención directa ao enfermoCelador

FogueiroPeón

LavandeiroLavandeiro

Limpador Limpador

Supervisor de área funcionalDiplomado en enfermaría

Supervisor unidadeDiplomado en enfermaría

ATS unidade hospitalDiplomado en enfermaría

Auxiliar enfermaría unidade hospitalizaciónTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Facultativo xerarquizado medicina xeral con CEFacultativo especialista de área

Asistente social COFTraballador social

Xefe tallerGrupo administrativo

Xefe cociñaCociñeiro

Encargado lavandaríaGrupo administrativo

Oficial 1ª electricistaElectricista

Animador socioculturalGrupo administrativo

DenominaciónCategoría básica de homologación

Auxiliar de clínica Técnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar psiquiátricoTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar de enfermaríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Cociñeiro oficial 2ªCociñeiro

Auxiliar de farmaciaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Cociñeiro Cociñeiro

OperarioCelador

OperarioPinche

Técnico especialistaTécnico especialista*

Axudante de cociñaPinche

CostureiroCostureiro

Pasador de ferro Pasador de ferro

CortadorCostureiro

Xardineiro-hortelánXardineiro

OrdenanzaCelador

TelefonistaTelefonista

FregadorPinche

Facultativo xerarquizado medicina xeralFacultativo xerarquizado medicina xeral

* Indicar a especialidade que corresponda entre as seguintes:-Laboratorio de diagnose clínica.-Anatomía patolóxica e citoloxía.-Imaxe para a diagnose.-Radioterapia.

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Código: 3601.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Posto base grupo AFacultativo especialista de área

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Costureiro Nicolás PeñaCostureiro

Técnico auxiliar Nicolás PeñaTécnico especialista*

Auxiliar especialista Nicolás PeñaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar radioloxía Nicolás PeñaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar Hospital Nicolás PeñaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Xefe unidade con dedicación plenaEnxeñeiro técnico

ATSDiplomado en enfermaría

Asistente socialTraballador social

Graduado socialGrupo de xestión da función administrativa

AdministrativoGrupo administrativo

Operador informáticoTécnico especialista en sistemas da información

Xefe grupoGrupo auxiliar da función administrativa

Auxiliar Grupo auxiliar da función administrativa

Encargado persoal de oficioGobernante

AlbanelAlbanel

Cociñeiro Cociñeiro

Cociñeiro Gobernante

CondutorCondutor

Fontaneiro calefactorFontaneiro

Oficial cafetaríaGobernante

Oficial lavandeiroLavandería

PintorPintor

TelefonistaTelefonista

Xardineiro varrendeiroXardineiro

Auxiliar psiquiatríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría (en funcións saúde mental)

Ordenanza-porteiroCelador

Axudante persoal-oficiosPinche

DenominaciónCategoría básica de homologación

Axudante persoal-oficiosCelador

Operario de persoal-oficiosLimpador

Operario de persoal-oficiosPinche

Asistente social COFTraballador social

Auxiliar de clínica Técnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar de enfermaríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Adxunto xefe de servizo Facultativo especialista de área

Auxiliar hospitalTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Fontaneiro Fontaneiro

Operario servizos variosLimpador

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Código: 3603.

DenominaciónCategoría básica de homologación

Posto base grupo A Persoal técnico superior. Psicólogo

Posto base grupo BDiplomado en enfermaría

Técnico administración xeralGrupo técnico da función administrativa

Xefe clínicoFacultativo especialista de área

Xefe unidade con dedicación plenaEnxeñeiro técnico

ATS supervisoresDiplomado en enfermaría

ATSDiplomado en enfermaría

FisioterapeutaFisioterapeuta

Asistente socialTraballador social

AdministrativoGrupo administrativo

Técnico especialistaTécnico especialista

Xefe grupoGrupo auxiliar da función administrativa

Auxiliar Grupo auxiliar da función administrativa

Encargado persoal de oficioGobernante

Mestre persoal de oficiosFontaneiro

AlbanelAlbanel

CarpinteiroCarpinteiro

Cociñeiro Cociñeiro

ElectricistaElectricista

Fontaneiro calefactorFontaneiro

Mecánico electricistaElectricista

Oficial costureiroCostureiro

Oficial lavandeiroLavandeiro

TelefonistaTelefonista

Xardineiro varrendeiroXardineiro

Auxiliar enfermaríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Auxiliar psiquiatríaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría (en funcións saúde mental)

Oficial cerimonialGrupo auxiliar da función administrativa

Ordenanza-porteiroCelador

Axudante persoal-oficiosCelador

Operario de persoal-oficiosPinche

Asistente social USMTraballador social

LimpadorLimpador

OficialLavandeiro

Axudante cociñaPinche

Auxiliar administrativoGrupo auxiliar da función administrativa

Oper. servizos variosPeón

OrdenanzaCelador

ATS con complemento toxicidadeDiplomado en enfermaría

ATSDiplomado en enfermaría

Auxiliar clínicaTécnico en coidados auxiliares de enfermaría

Axudante sanitarioCelador