DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 11 de xaneiro de 2007 Páx. 473

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

ORDE do 28 de decembro de 2006 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fondo Galego de Garantía Agraria pola Orde do 3 de outubro de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 198, do 3 de outubro), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º, e de conformidade co disposto no artigo 27.2º da referida lei, visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Fogga, anunciada pola Orde do 3 de outubro de 2006 (Diario Oficial de Galicia nº 198, do 3 de outubro).

Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro.-O cesamento no actual destino do funcionario que obteña praza e a toma de posesión da praza adxudicada efectuaranse nos prazos establecidos no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante esta consellaría, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei

4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2006.

Alfredo Suárez Canal

Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

NPR: 4446542546 A2207.

Apelidos e nome: Novoa Rey, Jorge.

Grupo: D.

Corpo/escala: auxiliar administrativo.

Código do posto: AG.A01.00.000.15770.020.

Denominación: secretaria/o do director.

Nivel: 18.

Dependencia: Dirección do Fogga.

Localidade: Santiago de Compostela.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES