DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 12 de xaneiro de 2007 Páx. 488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

ORDE do 20 de decembro de 2006 pola que se clasifica de interese industrial a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga).

Visto o expediente de clasificación da Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), con domicilio no Porriño (Pontevedra).

Supostos de feito.

1. Alberto de Comingues Barreiro-Meiro, na súa condición de secretario da fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada no Porriño, o día vinte de novembro do dous mil seis, ante o notario Ernesto Regueira Núñez, co número de protocolo dous mil douscentos cincuenta, por Peugeot Citröen Automóviles España, S.A., representada por Pedro Piñeiro Souto e Juan Antonio Muñoz Codina, Fundación para la Promoción de la Innovación, Investigación y Desarrollo Tecnológico de la Industria de Automoción de Galicia, representada por Luís Eulogio Moreno Diéguez, Mecanizados Rodríguez Fernández, S.L., representada por Ernesto Rodríguez Fernández, Útil Vigo, S.L., representada por Miguel Ángel González Fernández, Faurecia Interior Systems España, S.A., representada por Eusebio José de la Puente Núñez, Antobal, S.L. representada por Antonio Torrado Barral, Incalplas, S.L., representada por José Javier Pérez Bouzas, Gestamp Vigo, S.A., representada por Fernando Aramburu Núñez, Faurecia Sistemas de Escape España, S.A., representada por Juan Lucio Mariscal

Flores, GKN Driveline Vigo, S.A., representada por Jesús Ángel Catalina Sanz, Grupo Copo de Inversiones Sociedad Anónima, representada por Román Yarza Luaces, Drogas Vigo, S.L., representada por Enrique Casal García, Agridesa Vigo, S.L., representada por Ricardo Figueroa Puig, Stockages Vigo, S.L., representada por José Manuel Modroño Martínez, Precisiones de Galicia, S.L., representada por Juan Carlos Rial Verde, Maviva, S.A., representada por Ernesto Trigás Araujo, Gonvarri Galicia, S.A., representada por Ana Iciar Balza Echeita, Grupo Antolín-PGA, S.A., representada por Ramón Ilarri Junquera e Joaquím Henriques Dantas, Benteler Automotive Vigo, S.L., representada por José Guilherme Aibéo, Viza Automoción, S.A., representada por Antonio Vega Martínez, Errece Aplicaciones Industriales del Laser, S.L., representada por Juan Rey Casas, Faurecia Automotive España, S.A., José Carlos Rodríguez Arias, Matriceria Galega, S.L., representada por Eusebio González García, Aludec Ibérica, S.A.,

representada por Vicente Villamarín Iglesias, Láser Galicia, S.L., representada por Jacobo López López, Transformaciones Metálicas Marsan, S.L., representada por José Luciano Martínez Covelo, MGI Coutier España, S.L., representada por Bartolomé Campins Traspuesto, Plasto Adhesivos Ibérica, S.L., representada por José Guillermo Fernández Hermida, GSB Galfor, S.A., representada por Francisco Javier Currás Martínez, Dayco Ensa, S.A., representada por José María Braquets Tristany, Inplasor Galicia, S.L., representada por Alberto Gómez Viso, Maier Ferroplast, S.L., representada por José Antonio Lima Gómez, Utingal, S.L. representada por Jesús González López, Visteon Sistemas Interiores España, S.L., representada por José Antonio Monje Barreiro, Hispamoldes, S.A., representada por Mario da Costa Rodrigues Razoes, Copo Ibérica, Sociedad Anónima, representada por Horacio Juan Reyes Crespo, Componentes de Vehículos de Galicia, Sociedad Anónima, representada por Horacio Juan Reyes Crespo,

Grupo Antolín Vigo, S.L., represen

tada por José Luis Antolín Ayala e por Eloy Ortega Lafont, Dalphi Metal España, S.A., representada por Gonzalo Javier Pedrosa Pérez, WR Freiria, Sociedad Limitada, representada por María Celeste Docampo Lago, e Industrias Delta Vigo, S.L. representada por Francisco Javier Puga González.

3. Segundo consta no artigo seis dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto situar o sector da automoción de Galicia nunha posición de liderado europeo en competitividade, de maneira sustentada, contribuíndo ao progreso e á calidade de vida do noso medio.

A fundación porá en marcha proxectos de cooperación entre as distintas industrias que configuran o sector galego da automoción para acadar un maior nivel de competitividade que redunde no desenvolvemento económico xeral de Galicia, así como na creación de emprego e a formación profesional dos traballadores da Comunidade Autónoma galega.

Así mesmo, cítanse entre os seus obxectivos a mellora dos seguintes puntos:

-Competitividade en calidade e custo.

-Flexibilidade de adaptación aos cambios do mercado.

-Innovación e capacidade tecnolóxica.

-Desenvolvemento do tecido industrial.

-Cooperación sectorial.

-Desenvolvemento integral das persoas.

-Compromiso rexional.

4. O padroado da fundación estará integrado por Antonio Vega Martínez como presidente, Pedro Piñeiro Souto como vicepresidente, e por Juan Antonio Muñoz Codina, Fernando Aramburu Núñez, Luis Eulogio Moreno Diéguez, Bartolomé Campins Traspuesto, Francisco Anguera Beyme e José Luciano Martínez Covelo como vogais. Actuará como secretario con voz e sen voto Alberto de Comingues Barreiro-Meiro.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a proposta de clasificación como de interese industrial da Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), polo que, dado o seu obxecto e finalidade, véndose cumpridos os requisitos exixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese industrial e a súa adscrición á Consellería de Innovación e Industria.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de Autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, quen exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola comisión de secretarios xerais na súa reunión do día dezaoito de decembro de dous mil seis.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de Autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril), a Lei 7/1983, do 22 de xuño e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación, na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar de interese industrial a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), adscribíndoa á Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2006.

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza