1. Nome e enderezo do servizo: Servizo Galego de Saúde/Sergas-Servizo de Montaxe e Equipamento (División Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª andar en Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax: 881 99 70 11. Dirección da internet: www.sergas.es.
2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.
3. a) Lugar de entrega da subministración : Hospital Meixoeiro de Vigo.
b) Natureza e cantidade dos produtos que se deban subministrar: adquisición de equipamento electromédico (21 lotes).
-Orzamento total: novecentos nove mil cento trinta euros IVE incluído (909.130 euros).
LOTE DESCRICION IMPORTE DOS LOTES
1 EQUIPAMENTO ELECTROMEDICO DIVERSOS SERVIZOS 32.330 A
2 DESFIBRILADORES 19.200 A
3 LAVACUÑAS DESINFECTADOR 5.900 A
4 CONSOLA PARA CONSULTA DE ORL 70.500 A
5 EQUIPAMENTO ENDOSCOPIA CONSULTAS ORL 68.200 A
6 MICROSCOPIO CONSULTA ORL 57.600 A
7 VIDEO-ESTROBOSCOPIO 28.000 A
8 EQUIPAMENTO ESTUDO VESTIBULAR 17.800 A
9 EQUIPAMENTO DE ENDOSCOPIA UROLOXICA 63.000 A
10 EQUIPAMENTO OFTALMOLOXIA 31.000 A
11 CAMPIMETRO COMPUTERIZADO 35.600 A
12 LAMPADA DE FENDEDURA 72.000 A
13 PROXECTOR OPTOTIPOS 16.000 A
14 TONOMETRO DE NON-CONTACTO 20.000 A
15 UNIDADE DE REFRACCION 43.000 A
16 LASER FOTOCOAGULADOR 66.000 A
17 LAVADOR DESINFECTADOR DE ENDOSCOPIOS 24.000 A
18 BIOMETRO 25.000 A
9 ANXIOGRAFO 90.000 A
20 RETINOGRAFO PORTATIL 98.000 A
21 RETINOGRAFO NON MIDRIATICO 26.000 A
c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores licitaren por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de dúas.
4. Prazo de entrega máximo da subministración desde o envío da folla do pedido : máximo 45 días naturais.
a) Nome e enderezo do servizo a que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 23-3-2007.
6. a) Data límite de recepción das ofertas: 23-3-2007
b) Documentación que hai que presentar: ver punto 5.3 do prego tipo de cláusulas administrativas.
c) Enderezo ao que deben dirixirse: ver punto 1.
d) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel en que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte: 3-4-2007.
8. Fianzas e garantías exixidas: a garantía provisoria é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir o provedor: ver puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses, contados desde a data de apertura das ofertas.
13. Criterios que seguirán para adxudicar o contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.
14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes (oferta base máis dúas variantes).
15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.
16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa: 2006/S184-195357 do 27 de setembro de 2006.
17. Data de envío do anuncio: 1-3-2007.
18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).
Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2007.
Ana Fernández Pulpeiro
Directora xeral da División de Recursos Económicos

