DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 20 de abril de 2007 Páx. 6.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan Especial de Rehabilitación Interior de Estribela.

O Pleno do Concello, na sesión que tivo lugar o 16-2-2007, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación aos ditames emitidos pola Comisión Informativa Municipal de Urbanismo e Medio Ambiente, en sesión que tivo lugar o 31-1-2007, en relación ás alegacións formuladas no período de información pública do Plan especial de rehabilitación de Estribela no senso total ou parcialmente estimatorio, ou desestimatorio e en base aos motivos que se expresan no expositivo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o texto refundido Plan especival de rehabilitación de Estribela, formulado por este concello e redactado pola empresa adxudicataria do concurso de asistencia técnica Consultora Galega, sendo o director do equipo redactor o arquitecto Juan Carlos Portela Regodesebes, documento presentado no rexistro do concello o 7-2-2007 baixo o número 4619, significando expresamente que os informes sectoriais emitidos que se relacionan na parte expositiva intégranse no contido do PERI como parte deste e que o informe emitido polo arquitecto da Oficina de Arquitectura do 9-8-2006 terase en conta á hora de redactar os proxectos de urbanización ou reurbanización no eido do PERI.

Terceiro.-Notificar este acto administrativo aos titulares e entidades propietarias afectadas polo ámbito do PERI e particularmente ás persoas e entidades que formularon alegacións ás que se lles trasladará tamén copia da contestación individualizada, e ás demais entidades e organismos interesados, con ofrecemento do réxime procedente de recursos e con comunicación á Unidade de Pontevedra da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do Ministerio de Fomento, Servizo Provincial de Estradas da CPTOPT, Xefatura Provincial de Costas de Medio Ambiente, Servizo de Ordenación do Litoral, Auto

ridade Portuaria de Marín-Pontevedra e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e, expresamente, á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda nos termos do artigo 92 Louga, dándoselle traslado a esta última dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan sobre os que recaese o acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados pola secretaría xeral do concello, facendo constar a devandita circunstancia.

Cuarto.-Dispoñer a publicación de anuncio do acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia facendo constar a remisión da documentación á consellería, e a publicación do documento que conteña a normativa e as ordenanzas no BOP para lograr a súa eficacia e executividade, de acordo co establecido na lexislación de réxime local, concretamente artigos 70.2º e 65 da Lei reguladora das bases do réxime local».

Faise constar expresamente que se remitiu a documentación á que se refire o artigo 92.3º da Lei 9/2002 á CPTOPT, tendo entrada nese organismo con data do 12-3-2007.

O que se fai público para a súa executividade, significándose que, contra este acto, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer directamente por quen se considera lexitimado o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do texto íntegro da disposición impugnada, consonte co establecido nos artigos 10.1.6º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reregulamentadora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes de acordo a dereito, significándolle que o artigo 107.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, de modificación da anterior, non admite a interposición de recursos en vía administrativa contra as disposicións administrativas de carácter xeral.

Pontevedra, 12 de marzo de 2007.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral do Pleno

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área

de Urbanismo e Medio Ambiente