DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 04 de maio de 2007 Páx. 7.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

Por Resolución desta Alcaldía número 1726/2007 do 18 de abril de 2007, acordouse aprobar inicialmente con condicións o estudo de detalle sobre parcela resultante da agrupación da 9.1 e 9.2 do Plan Parcial SUNP I-33-R, en Iñas, presentado por Lidl Supermercados, S.A.U. Acordouse tamén proceder á exposición pública do documento nas oficinas municipais de Urbanismo, das 8.30 ás 13.00 horas, todos os días laborais, polo prazo de vinte días, a través de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación da provincia, prazo no que se poderán presentar as alegacións que se coiden oportunas.

Oleiros, 19 de abril de 2007.

Ángel García Seoane

Alcalde-presidente