DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 08 de maio de 2007 Páx. 7.319

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2007, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se publica o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña de Galicia.

O Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña de Galicia foi aprobado polo Consello da Xunta de Galicia con data do 16 de novembro de 2006, despois de obter o visto e prace da Comisión Galega de Protección Civil.

Este plan responde á obriga legal de ter establecido un plan territorial e a través del responder axeitadamente en Galicia ás incidencias que correspondan, segundo o previsto no Plan Nacional de Salvamento Marítimo e Loita contra a Contaminación Mariña Accidental.

O Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña de Galicia establece a estrutura organizativa, os procedementos básicos de actuación, a catalogación de medios e recursos específicos de que se dispón para afrontar as situacións de loita contra a contaminación mariña e a súa aplicación territorial, para dar a resposta máis axeitada ás particularidades da costa desta comunidade autónoma.

Para a realización do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña de Galicia seguíronse principalmente as directrices establecidas no Plan de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental, aprobado pola orde do Ministerio de Fomento do 23 de febreiro de 2001, de acordo co artigo 87.3º da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do estado e da mariña mercante.

Tamén se tiveron en conta as normas de carácter autonómico e nacional sobre protección civil, a normativa autonómica, nacional e internacional relativa á protección do mar, os convenios internacionais sobre protección do medio mariño e as normativas autonómica, nacional e comunitaria relativas á protección do ambiente.

Polas razóns anteriormente expostas,

RESOLVO:

Proceder á publicación do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña de Galicia.

Razóns de volume, formato e contido de fotografías, diagramas e follas de ruta, impiden a publicación do documento no Diario Oficial de Galicia polo que, para a súa consulta, os interesados poden acceder ao seguinte enderezo de páxina web:

http://www.xunta.es/conselle/pe/publicacions/Home.html

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2007.

Antonio García Elorriaga

Director xeral de Recursos Mariños