DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2007 Páx. 8.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2007, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación dos estatutos da organización sindical Unión de Técnicos Especialistas Sanitarios de Galicia (Utesga), que en virtude da dita modificación pasa a denominarse Fesitess-Galicia (Federación Sindical de Técnicos Superiores Sanitarios-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presenta, o 22 de marzo de 2007, certificación asinada pola secretaria e a presidenta da organización sindical Unión de Técnicos Especialistas Sanitarios de Galicia (Utesga), María Victoria Tilve e María del Carmen Bas Méndez, respectivamente, onde se reflicte o acordo acadado pola xunta directiva referente ao cambio de denominación do sindicatos que pasa a denominarse Fesitess-Galicia (Federación Sindical de Técnicos Superiores Sanitarios-Galicia).

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2007.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais