DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2007 Páx. 8.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2007 pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso, procedemento aberto e trámite urxente, da subministración consistente na adquisición e instalación de 70 estruturas de barras antienvorcadura en vehículos motobomba pertencentes ao Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: adquisición e instalación de 70 estruturas de barras antienvorcadura en vehículos motobomba pertencentes ao Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, de acordo cos pregos que rexen esta contratación.

División por lotes e número: non.

Lugar de execución: o que se especifique no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 210.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: non é necesaria.

Definitiva: o 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais.

Domicilio: San Caetano, s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Teléfono: 981 54 57 48-54 74 41.

Telefax: 981 54 57 62.

Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.xunta.es/contratacion.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito días naturais, ás 14.00 horas, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: o único rexistro válido será o rexistro xeral da Consellería do Medio Rural (edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ou ben por correo dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses, contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: sala de xuntas da Secretaría Xeral da Consellería do Medio Rural.

Domicilio: edificios administrativos San Caetano, s/n.

Localidade: Santiago de Compostela, 15781.

Data: terá lugar, en acto público, na sala de xuntas da Consellería do Medio Rural, o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

Hora: 13.00 horas.

10. Gastos de anuncios.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2007.

P.D. (Orde 12-8-2005)

Alberte Souto Souto

Secretario xeral da Consellería do Medio Rural