O día 2 de outubro de 2007, ás 10.30 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra (sita na rúa Michelena, 30) terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:
Expediente a nome de: Araújo Pazos, José Antonio-NIF: 35251852-M.
Ben que hai que poxar:
Predio urbano. Número dezaoito. Desván do edificio sinalado co número quince da avenida de Lugo, en Pontevedra. Ocupa unha superficie de dezaseis metros cadrados, e linda: fronte, rechan de escaleiras; dereita, oco do ascensor; resto da terraza segregada e fondo, porción segregada da terraza. Correspóndelle como anexo unha terraza de douscentos sesenta e oito metros cadrados e dez decímetros cadrados, e dos que estan construídos oitenta metros cadrados. Este predio fórmase por desvinculación do rocho de dezaseis metros cadrados que era anexo ao ático da división e da segregación da superficie de douscentos oitenta metros con dez da súa terraza, que forman parte do predio número dezasete da división. E o predio nº 61.464, libro 798, tomo 1.600, folio 147 do Rexistro de Propiedade de Pontevedra.
Valoración: 109.065 euros.
Cargas: non se coñecen.
Tipo de poxa: 109.065 euros.
Tramos: 1.000 euros.
Expediente a nome de: Cacabelos Soutullo, José Antonio. NIF: 35202709-J.
Ben que hai que poxar:
Inmoble sito no lugar das Veigiñas en Sanxenxo, Pontevedra de 225 m², sito no polígono 5, parcela 1.191. Referencia catastral 36051A005011910000FH. Titular catastral: Cacabelos Soutullo, José Antonio.
Valoración: 29.000 euros.
Cargas: non se coñecen.
Tipo de poxa: 29.000 euros.
Tramos: 1.000 euros.
Expediente a nome de: Construcciones Pedra de Limens, S.L. CIF.: B-36287845.
Ben que hai que poxar:
Rústica: parcela de natureza rústica dedicada a solo industrial no polígono 20, parcela 6, sita en Rego de Agua, concello de Bueu. Superficie 6.395 m². Referencia catastral 36004A020000060000QA. Nesta parcela atópase ubicada unha nave industrial dedicada a actividade relacionada coa construción de granito. A referencia do diseminado da nave que se localiza nesta parcela é 000247700NG18D.
Valoración: 329.900 euros.
Cargas: non se coñecen.
Tipo de poxa: 329.900 euros.
Tramos: 1.000 euros.
Expediente a nome de: Franco Argibay, José Carlos. NIF: 35312281-J.
Ben que hai que poxar:
Urbana: solar con baixo industrial na rúa da Seca, 67 en Pontevedra. Referencia catastral: 0382015NG3908S0001UK. Superficie: 168 metros cadrados. Titular catastral: Emilia Tilve Cabezas; propietario actual: Franco Argibay, José Carlos, segundo escritura de data 5-6-2001. Lindeiros, norte: Josefa Isabel Tilve Durán, sur: herdeiros de Evaristo González, leste: Josefa Isabel Tilve Durán e rúa Fondevila e oeste: Rosario Tilve Durán.
Valoración: 428.482,50 euros.
Cargas: non se coñecen.
Tipo de poxa: 428.482,50 euros.
Tramos: 1.000 euros.
Expediente a nome de: Rendo Alonso, José Luis. NIF: 35548929-Z.
Bens que hai que poxar:
1. Rústica de superficie 955 m² no polígono 26, parcela 636, no paraxe Baladas no municipio de Tui, en Pontevedra. Referencia catastral: 36055A026006360000UG. Titular catastral: Rendo Alonso, José Luis.
Valoración: 5.700 euros.
Cargas: non se coñecen.
Tipo de poxa: 5.700 euros.
Tramos: 100 euros.
2. Rústica de superficie 1.033 m², no polígono 46, parcela 12, no paraxe V.D. Camiño, no municipio de Tui, en Pontevedra. Nesta parcela atópase ubicada o predio urbano de 427 m² identificado coa seguinte referencia catastral: 0172405NG3507S0001PR e a situación seguinte: SD Ferrocarril 1 solo - Tui (Pontevedra). Referencia catastral: 36055A046000120000UH. Titular catastral: Rendo Alonso, José Luis.
Valoración: 103.000 euros.
Cargas: non se coñecen.
Tipo de poxa: 103.000 euros.
Tramos: 1.000 euros.
3. Rústica de superficie 1.446 m², no polígono 26, parcela 210, no paraxe V.D. Camiño, no municipio de Tui, en Pontevedra. Nesta parcela atópase ubicada o predio urbano de 250 m², identificado coa seguinte referencia catastral: 0173202NG3507S0001ER e a situación seguinte: CR Vigo N-550 12 (D) solo - Tui (Pontevedra). Referencia catastral 36055A026002100000UE. Titular catastral: Rendo Alonso, José Luis.
Valoración: 144.000 euros
Cargas: non se coñecen.
Tipo de poxa: 144.000 euros.
Tramos: 1.000 euros.
De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aprobou o Regulamento xeral de recadación, faise constar que:
a) Están a disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Pontevedra, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento nos que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos obxecto de poxa e o estado das súas cargas e gravames, cos que se haberán de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.
b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI, da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.
c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.
d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión destes bens ou dereitos.
e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa con anterioridade á súa realización un depósito do 20% do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, este depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuizo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate.
O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpla os requisitos establecidos no artigo 35.1º do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.
f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1º da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.
g) O adxudicatario o entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.
h) Admitiránse ofertas en sobre pechado, nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.
i) Despois de ter lugar a primeira licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiránse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.
j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.
A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, podendo preceder á adxudicación dos bens e dereitos se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente co límite total de seis meses.
Pontevedra, 9 de maio de 2007.
Fernando Guimaraens Benedeti
Recadador da Comunidade Autónoma de Galicia
Titular da Zona de Pontevedra

