Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Enderezo social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: reforma L.M.T.A. ATI 723.
Situación: concello do Porriño.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15 kV estruturada en dous tramos:
1. Núa, con condutor tipo LA-110, de 198 metros, con orixe en ATI7251866 na derivación ao C.T. Frigolouro da liña Frigolouro-Torneiros e final en ATI7231667, entre o C.T. Areas e a derivación ao C.T. Rego da liña Puxeiros.
2. Forrada, con condutor tipo R.H.V.S., de 42 metros, con orixe no apoio proxectado en ATI7251866 e final en ATI723667, entre os CC.TT. Areas e Rego.
A instalación está situada na zona da rúa Codesal. O Porriño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente.
Pontevedra, 9 de abril de 2007.
Montserrat Prado Cores
Delegada provincial de Pontevedra

