De conformidade co establecido no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa comunícase que no Xulgado do Contencioso Administrativo número dous da Coruña tramítase o procedemento ordinario 285/2006, promovido por María Gestal Vázquez contra a resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 18 de setembro de 2006, pola que se inadmite o recurso de alzada formulado contra as resolucións da Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 4 e do 11 de agosto de 2006, polas que se desestiman as alegacións formuladas pola Sra. Gestal Vázquez, en virtude do trámite de audiencia, sobre os criterios de admisión no procedemento de escolarización do menor Álvaro Casal Gestal no centro escolar concertado Liceo La Paz e no que se anulou o dereito de admisión previamente concedido polo consello escolar dese centro educativo; contra a resolución da Delegación Provincial na Coruña da
Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, do 16 de agosto de 2006, pola que se decreta a suspensión de oficio da resolución do consello escolar do referido colexio do 3 de maio de 2006 e pola que se anula o dereito de admisión concedido ao menor Álvaro Casal Gestal e se ordena a repetición do procedemento; e contra a resolución da Delegación Provincial na Coruña da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 25 de setembro de 2006, pola que se desestima o recurso de alzada contra a resolución da Comisión de Escolarización, do 24 de agosto de 2006, pola que se decide a escolarización do menor Álvaro Casal Gestal en centro escolar distinto ao optado no proceso de admisión referido anteriormente.
O que se fai público para os efectos de notificación prevista no mencionado precepto da citada lei xurisdicional, coa finalidade de que Carlos Díaz Sotelo, Manuel Alberto Mosquera Costoya, Francisco Burgo Fernández, Víctor Castro Caaveiro, Pedro Enrique Seco Bouso, José Manuel Rodríguez Blas, Manuel Francisco Moya García, Pablo Palacios Valiño, Carlos García Aparicio, Mostafa Sayed Ali, Ernesto Villasante González, José Luis López Silvela, Luis Miguel Eiroa Varela, Ramón Tombo Bastida, Zulaica López Santos, José Antonio Couto Rodríguez, Enrique Gómez Pernas, Hector Mario Iglesias Castro, Manuel Silva Calo, Andrés Luis García Sánchez, Juan Carlos Rodríguez Mallo, Celso López Vázquez, Ignacio Rogelio Dosil Castiñeiras, Asunción Esmoris Caamaño, Eusebio Suárez Sánchez, José Manuel Arias Illanes, José Castor Dosil Castiñeiras, Antonio Reboiro Vázquez, Julio Ángel Cabo Messeguer, Ramón Rodríguez Sánchez, Guillermo Fernández Durán, José Manuel Vázquez Rodríguez, David Gil Olivera, José
Manuel Mesejo Conde, Gerardo Porto Arcay, Manuel Sancosmed Torres, Javier García Arribe, José Vicente Parente Arias, Diego Álvarez Ortiz, Pablo Balseiro Carrodegua, Francisco Javier Fernández-Purriños, Antonio Marcos Pérez González, Miguel Alonso Bidegain, Yuri Nersterov, Miguel Angel López Naranjo, Julio Carreiras López, Juan José Pérez Parcero, José Manuel Menéndez Rodríguez, Manuel Bonilla Paz, Mónica Méndez Álvarez, Javier Santos Couceiro, Emilio Carballés Sande, José Carlos Barreiro Agra, Eulogio Ventoso Yañez, Jaime Maceiras Rial, Rafael Sánchez González-Dans, Braulio del Palacio López, Pablo Martín Andrade, Fernando Castro Rodríguez, José Luis Garrido Redondo e José Suárez González, que teñen un interese lexítimo no mantemento dos actos impugnados poidan comparecer no citado procedemento no prazo de nove días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 2 de xullo de 2007.
Pedro Armas Diéguez
Delegado provincial da Coruña

