DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2007 Páx. 13.255

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario do persoal laboral do sector sanitario público xestionado por entidades adscritas á Consellería de Sanidade.

Advertido erro no citado decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 100, do 25 de maio de 2007, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 8.661, no artigo 5º punto 2, onde di: «As solicitudes de integración serán tramitadas e resoltas polo Servizo Galego de Saúde no prazo dos seis meses desde a finalización do período de presentación daquelas…», debe dicir: «As solicitudes de integración serán tramitadas e resoltas polo Servizo Galego de Saúde no prazo dos tres meses desde a finalización do período de presentación daquelas…».

Ver referencia pdf "15000D002P007.PDF"

Ver referencia pdf "15000D003P008.PDF"