DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2007 Páx. 13.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 2 de maio de 2007 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Sueiro II.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Sueiro II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 3 de xaneiro de 2007, Áurea Aguín Martínez, no nome e representación de Sanmartín Ruano e Hijos, S.L., solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Sueiro II.

Segundo.-A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-Os informes, do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente, son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 27 de decembro de 2005, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños en augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta da resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Ruano e Hijos, S.L. (B-36030534), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Sueiro II.

Localización:

Cuadrícula nº: 12.

Polígono: B.

Distrito: Portonovo (Pontevedra).

Especie autorizada: Mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 28-6-1967.

Remate da vixencia: 15-7-2007.

Actuais titulares: Sanmartín Ruano e Hijos, S.L. (B-36030534).

Novo titular: Ruano e Hijos, S.L. (B-36030534).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante a conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de maio de 2007.

P.D. (Orde 27-12-2005; DOG nº 4, do 5-1-2006)

MªÁngeles A. Montero López

Delegada territorial de Pontevedra