DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Mércores, 07 de novembro de 2007 Páx. 17.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de outubro de 2007, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de réxime de VPA E.S.OU- 97/07, devolta polo servizo de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publicar a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción do réxime legal de VPA por non ser posible a notificación a través do servizo de correos.

O interesado poderá alegar no prazo de quince días canto considere conveniente aos seus intereses.

O que se lle notifica de acordo coa normativa denantes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 23 de outubro de 2007.

Antucho Espinosa Suances

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: E.S.OU- 97/2007.

Responsable: Manuel Osorio Pérez.

Enderezo: Vila Termal-As Lombas, vivenda 17 A-A Arnoia (Ourense).

Feitos imputados: non destinar a vivenda de promoción autonómica de que é adxudicatario a domicilio habitual e permanente (artigo 54.1º.h da Lei 4/2003, do 29 de xullo, de vivenda de Galicia).

Infracción: moi grave.