O Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, constitúe o marco normativo polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 801/2005, do 1 de xullo, para o período 2005-2008.
O seu artigo 6 establece que as axudas se atenderán da forma que será establecida mediante ordes anuais da Consellería de Vivenda e Solo.
A Orde do 12 de febreiro de 2007 determina no seu artigo único punto 3º o importe máximo das axudas para rehabilitación de edificios e vivendas.
As aplicacións do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, onde figuran os créditos con cargo aos que serán atendidas as axudas do Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, son: para adquisición de vivenda protexida e usada e promoción para usos propios por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro a 17.02.451B.780.1, para actuacións de urbanización protexida de solo e a promoción de vivendas protexidas de nova construción para aluguer e de aloxamentos protexidos por empresas privadas a 17.02.451B. 770.0, para rehabilitación de edificios e vivendas por parte de familias e institucións sen ánimo de lucro a 17.02.451A.780.1, para actuación protexida de solo por organismos autónomos a 17.02.451B.731.0, para actuacións de urbanización protexida de solo e a promoción de vivendas protexidas de nova construción para aluguer e de aloxamentos protexidos por sociedades públicas locais a 17.02.451B.760.2.
Para os efectos do disposto no artigo sexto do Decreto 18/2006, do 26 de xaneiro, e para dar cobertura aos expedientes que acaden neste exercicio a fase de concesión, referidos á rehabilitación de edificios e vivendas tramitados con recursos territorializados e reserva de recursos non territorializados, de subvencións a familias e institucións sen ánimo de lucro, determínase ampliar o importe máximo destas axudas.
Por todo isto,
DISPOÑO:
Artigo único.-O importe máximo destas axudas que se poderán outorgar dentro do exercicio orzamentario de 2007, cifrado con cargo á aplicación orzamentaria, 17.02.451A.780.1 en 1.500.000 euros pola Orde do 12 de febreiro de 2007, amplíase en 700.000 euros.
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2007.
Teresa Táboas Veleiro
Conselleira de Vivenda e Solo

