DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Mércores, 05 de decembro de 2007 Páx. 19.327

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, do Plan de dinamización turística da Costa da Morte.

Cofinanciado por: Ministerio de Industria Turismo e Comercio (Secretaría de Estado de Turismo e Comercio; Secretaría Xeral de Turismo).

Xunta de Galicia: Consellería de Innovación e Industria (Dirección Xeral de Turismo). Deputación da Coruña.

Unión Europea: Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

1. Obxecto: obras incluídas no proxecto Miradores-Costa da Morte (Miradoiro no monte Facho-Muxía; miradoiro no monte Branco-Ponteceso; Miradoiro no Pico Meda-Zas). Plan dinamización turística da Costa da Morte (código 2003 3 80010 8 1).

2. Orzamento: 69.472,24 euros IVE incluído.

3. Prazo de execución: 6 meses.

4. Garantías:

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5. Información: Servizo de Patrimonio e Contratación.

6. Anuncio extenso: BOP.

7. Proposicións: poderán presentarse no Servizo de Patrimonio e Contratación ata as 13.00 horas do día, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte día ao da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

8. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 27 de novembro de 2007.

Salvador Fernández Moreda José Luis Almau Supervía

Presidente da Deputación Secretario da Deputación

Provincial da Coruña Provincial da Coruña