O 2 de xullo de 2007 publicouse a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se convocan as subvencións aos concellos para resolver o problema da infravivenda rural e se modifican as bases de convocatoria recollidas na Orde do 6 de xullo de 2006.
O punto 1.4 do artigo 7 da Orde do 6 de xullo de 2006 establece que os concellos presentarán un calendario de execución coa previsión das porcentaxes anuais de execución.
Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes resulta que a maioría dos concellos prevén o inicio da execución nos exercicios seguintes ao actual. Por este motivo non é necesario facer unha disposición de crédito en exercicio corrente que garanta o recoñecemento de obrigas, sendo posíble liberar parte do crédito que figuraba na orde de convocatoria para dedicalo a outros compromisos no exercicio corrente. Por outra banda, a previsión de execución para exercicios futuros determina a necesidade de aumentar o crédito destinado para tal fin na orde de convocatoria do 2 de xullo de 2007.
Neste senso, o artigo 4 da citada orde establece a consignación orzamentaria e os importes máximos destas subvencións para as dos puntos I A) e B) e II D) do artigo 3 da Orde do 6 de xullo de 2006.
Esta orde, á vista de que as solicitudes presentadas polos concellos prevén un reducido gasto de execución material para o exercicio corrente de 2007, reduce a cantidade asignada para tal fin para os puntos I A) e B) e II D) do artigo 3 da Orde do 6 de xullo de 2006 en 450.000 no crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 17.02.451A.760.2. Así mesmo, polo mesmo motivo, reduce as cantidades asignadas para as actuacións dos apartados I C) e II E) do artigo 3º da Orde do 6 de xullo de 2006 en 300.000 , no crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 17.02.451B.760.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007.
Por outra banda, á vista das necesidades estimadas para compromisos futuros e de que existe crédito dispoñible, amplía o importe máximo das axudas aos concellos para as actuacións dos puntos I A) e B) e II D) do artigo 3 da Orde do 6 de xullo de 2006 nun importe de 2.000.000 de , con cargo aos orzamentos de 2008, e nun importe de 2.000.000 de con cargo aos orzamentos de 2009, de acordo cos límites plurianuais do crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 17.02.451A.760.2
Por todo isto,
DISPOÑO:
Artigo único.
Un.-Para os efectos do disposto no artigo 4 da Orde do 7 de xuño de 2007 e para dar cobertura aos expedientes que acaden neste exercicio a fase de concesión da subvención, determínase:
1. O importe máximo destas subvencións referidas ás actuacións dos puntos I A) e B) e II D) do artigo 3 da Orde do 6 de xullo de 2006, con cargo ao crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 17.02.451A.760.2 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007 redúcese nun importe de 450.000 e aumenta, nun importe de 2.000.000 de , a cantidade asignada con cargo aos orzamentos de 2008, e nun importe doutros 2.000.000 de a cantidade asignada con cargo aos orzamentos de 2009, doutros cos créditos plurianuais que figuran consignados para esta finalidade na aplicación 17.02.451A.760.2
2.-O importe máximo destas subvencións referidas ás actuacións dos puntos I C) e II E) do artigo 3 da Orde do 6 de xullo de 2006, con cargo ao crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 17.02.451B.760.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2007, redúcese nun importe de 300.000 , quedando as restantes cantidades sen modificar.
Disposición derradeira
Única.-Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2007.
Teresa Táboas Veleiro
Conselleira de Vivenda e Solo

