DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Luns, 07 de xaneiro de 2008 Páx. 339

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2007, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 07/138-2, 6967 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. Xoán Montes, 15.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

-L.M.T.S. a 20 kV con orixe na L.M.T.S. entre C.T. particular Eroski e C.T. particular Inserso e final no C.T. proxectado en Xoán Montes, 15, cunha lonxitude de 24 m, en condutor R.H.Z.1-240.

-C.T. non prefabricado en planta baixa de edificio na r/ Xoán Montes, 15, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 20 de novembro de 2007.

P.S. (Artigo 18 do Decreto 231/2006)

José Antonio Villamayor Filloy

Secretario provincial de Lugo