Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Domicilio social: r/ Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba.
Denominación: seccionalizadores e reconectadores en L.M.T.
Situación: Santa Comba.
Características técnicas: dous seccionalizadores que se van instalar na L.M.T. Portocarreiro (expediente 27949) no lugar de Bustelo substituíndo o apoio existente e na L.M.T. Santa Catalina-Guldrís (expediente 27949) no lugar das Travesas, substituíndo o apoio existente.
Dous reconectadores sobre a L.M.T. Mourelle (expediente 27949) no lugar de Mourelle e sobre a L.M.T. Portocarreiro (expediente 27949) no lugar de Montouto, substituíndo o apoio existente en ambas as liñas. Santa Comba.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.
A Coruña, 12 de xaneiro de 2008.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña

