O Decreto 248/2007, do 20 de decembro, polo que se crea e regula o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na súa disposición derradeira primeira autoriza o titular da consellería competente en materia de xustiza para que, no ámbito das súas competencias, dite as normas de desenvolvemento da propia norma. Por outra banda, na súa disposición derradeira segunda sinala expresamente que mediante orde da consellería competente en materia de xustiza se aprobarán os modelos de solicitude susceptibles de presentación ante o Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
En virtude do exposto
DISPOÑO:
Artigo único.-Apróbanse os modelos e os formatos dos documentos mencionados a continuación e que se recollen como anexos a esta disposición:
1. Solicitude de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
2. Declaración de vontade de constituír unha parella de feito
3. Declaración responsable de non ter constituída parella de feito con outra persoa.
4. Declaración responsable de non ter relación de parentesco.
5. Declaración responsable de non estar incapacitado xudicialmente.
6. Solicitude de cancelación da inscrición.
7. Solicitude de modificación da inscrición.
8. Solicitude de certificación.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2008.
José Luis Méndez Romeu
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
Ver referencia pdf "01900D002P010.PDF"

