Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra del Jallas, S.A.
Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Ganeixa-Lariño.
Situación: Carnota.
Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,445 km, coa orixe no apoio nº 11 da L.M.T. aérea Louro-Lira (expediente 05/212), en condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no apoio nº 5 da L.M.T. aérea proxectada.
Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,021 km, coa orixe no apoio nº 5 da L.M.T. aérea proxectada, conductor tipo R.H.Z.-1, e final no centro de transformación proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha pontencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 1,79 km, coa orixe no paso aéreo-subterráneo proxectado, en conductor tipo R.Z., e apoios de formigón.
Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 0,493 km, coa orixe no C.T. proxectado, e condutor tipo R.Z.-1. Concello de Carnota.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 20 de decembro de 2007.
José Luis Barcia Picos
Delegado provincial da Coruña

