DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Martes, 29 de abril de 2008 Páx. 7.673

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

MANCOMUNIDADE DA ÁREA INTERMUNICIPAL DE VIGO

ANUNCIO de contratación, por concurso aberto, do servizo de elaboración dun sistema de información multiplataforma do Sistema de Información Turística da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

A Comisión de Goberno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo, en sesión do día 24 de abril de 2008, aprobou os pregos de condicións técnicas e de cláusulas administrativas particulares que rexerán a devandita contratación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: realización dun sistema de información multiplataforma que sexa soporte dos contidos do Sistema de Información Turística da Maiv.

b) Prazo de execución do contrato: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 130.000,01 euros ( IVE incluído).

5. Garantías:

a) Provisional: 2% do prezo do contrato.

b) Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: rexistro da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo.

b) Enderezo: avda. Hispanidade 17.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36203.

d) Teléfono: 986 42 33 66.

e) Fax: 986 47 14 44.

f) Páxina web: www.maiv.org.

g) Data límite para solicitar documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acreditar clasificación de empresa contratista: grupo V, subgrupo 2, categoría C.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 15 días naturais seguintes ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a exixida na cláusula 5 do prego de condicións de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: véxase o punto 6 deste anuncio.

d) Prazo da obriga de manter a oferta: 3 meses desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade, enderezo e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202, Vigo.

b) Data e hora: 12.00 horas do primeiro xoves seguinte ao día en que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 24 de abril de 2008.

Abel Ramón Caballero Alvárez

Presidente da Mancomunidade da Área

Intemunicipal de Vigo