DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 14 de maio de 2008 Páx. 8.635

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2008 pola que se concede o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica para investigadores sénior e o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica para investigadores mozos, correspondentes aos Premios Galicia de Investigación 2007.

Pola orde da Consellería de Innovación e Industria do 13 de setembro de 2007 (Diario Oficial de Galicia nº 197, do 10 de outubro), convocáronse os premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica correspondentes aos Premios Galicia de Investigación 2007.

De acordo co establecido nas bases da convocatoria, a decisión adoptada polo xurado debe darse a coñecer mediante a correspondente publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, e tendo en conta a proposta elaborada polo xurado na súa reunión do día 14 de abril, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Concederlle o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica para investigadores sénior a Carlos Pajares Vales.

Segundo.-Concederlles o Premio Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica para investigadores mozos a Miguel Ángel Correa Duarte e a Roberto López Valcarce, ex aequo.

Terceiro.-Esta resolución pon fin á vía administrativa segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2008.

P.D. (Orde 31-1-2006, DOG nº 24, do 3 de febreiro)

Emilio Nogueira Moure

Secretario xeral da Consellería de Innovación

e Industria