DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 04 de xuño de 2008 Páx. 10.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se lles dá publicidade ás autorizacións ambientais integradas outorgadas.

De conformidade coa Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, o director xeral Calidade e Avaliación Ambiental resolveu dar publicidade no DOG ás autorizacións ambientais integradas outorgadas a diferentes actividades industriais que se relacionan no anexo e que poden consultarse na seguinte URL: http://medioambiente.xunta.es/formularioExpediente.do ou ben nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sitas en Santiago de Compostela, San Lázaro s/n, 2º andar.

De acordo co artigo 23 punto 3º da mencionada lei, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron ou modificaron as autorizacións ambientais integradas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2008.

Joaquín Lucas Buergo del Río

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO

-Resolución do 15 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Financiera Maderera, S.A. para FINSA-Centro de Santiago de Compostela e a súa coxeración asociada: Cogeneracion del Noroeste, S.L., na provincia da Coruña. Clave: 2006/0376_NAA/IPPC.

-Resolución do 15 de abril 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Orember, S.A. para a planta de fabricación de taboleiros de fibra de madeira e derivados, e á súa coxeración asociada de Gallega de Cogeneración, S.A. localizadas no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, no concello de San Cibrao das Viñas, provincia de Ourense. Clave: 2006/0377_NAA/IPPC.

-Resolución do 15 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Jealsa Rianxeira, S.A. para a fábrica de conservas de atún localizada no concello de Boiro (A Coruña). Clave: 2006/0380_NAA/IPPC.

-Resolución do 16 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de produtos cerámicos e se formula a declaración de impacto ambiental para a súa ampliación, situada no concello da Laracha (A Coruña). Titular: Epifanio Campo, S.L. Clave: 2006/0237_AIA/IPPC.

-Resolución do 16 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de produtos cerámicos, situada no concello da Laracha (A Coruña). Titular: Cerámica Campo Sáez, S.L. Clave: 2006/0342_NAA/IPPC.

-Resolución do 16 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Arteixo Química, S.L. para a planta do polígono industrial de Sabón, no concello de Arteixo, provincia da Coruña. Clave: 2006/0343_NAA/IPPC.

-Resolución do 18 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Leche Pascual España, S.L.U. para a planta de produción de leite sita en Santa Mariña, no concello de Outeiro de Rei, provincia de Lugo. Clave: 2006/0159_NAA/IPPC.

-Resolución do 18 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Corporación Alimentaria Peñasanta, S.A. (CAPSA) para a planta de tratamento e envasado de leite e de produtos derivados sita en Robra, no concello de Outeiro de Rei, provincia de Lugo. Clave: 2006/0209_NAA/IPPC.

-Resolución do 18 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Papelera de Brandía, S.A. para as súas instalacións en Santiago de Compostela, provincia da Coruña. Clave: 2006/0348_NAA/IPPC.

-Resolución do 18 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa porcina no concello de Abegondo (A Coruña), promovida por Exporgondo, S.L. Clave: 2007/0039_NAA/IPPC.

-Resolución do 21 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Aluminio Español, S.A. para a planta de aluminio. Localización: concello de Xove (Lugo). Clave: 2005/0093_NAA/IPPC.

-Resolución do 21 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Alúmina Española, S.A. para a planta de alúmina e instalacións auxiliares. Localización: concellos de Xove e de Cervo (Lugo). Clave: 2006/0184_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada a un matadoiro frigorífico de dúas liñas (gando vacún e porcino) con sala de despezamento de porcino e elaboración de despoxos e tripas, no concello de Lalín (Pontevedra). Titular: Matadero Comarcal del Deza-Lalín, S.A. Clave: 2006/0242_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para planta de reciclaxe e vertedoiro de RNP nas Pías, no concello de Sobrado (A Coruña). Titular: Gestores de RSU y Vertederos Controlados, S.L. (Gestán) Clave: 2006/0291_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de produtos cerámicos para a construción, situada no concello de Ponteareas (Pontevedra). Titular: Cerámica de Puenteareas, S.L. Clave: 2006/0385_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa porcina de porcas reprodutoras granxa O Bouzo situada no concello de Baltar (Ourense), promovida por Cooperativas Ourensanas, S.C.G. (Coren), Clave: 2007/0085_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada á granxa para 800 porcas reproductoras situada no lugar de Cima de Vila-Faramontaos, no concello de Carballeda de Avia (Ourense), promovida por Cooperativas Orensanas, S.C.G. (COREN), Clave: 2007/0086_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa porcina de porcas reproductoras granxa Covelo, situada no concello de Maceda (Ourense), promovida por Cooperativas Ourensanas, S.C.G. (Coren), Clave: 2007/0087_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa de porcas reprodutoras granxa Casadovento, no concello de Parada de Sil (Ourense), promovida por Cooperativas Ourensanas, S.C.G. (Coren) Clave: 2007/0088_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada a unha granxa de ceba de 600.000 polos, situada no parque de reserva empresarial do concello de Sarreaus (Ourense), promovida por Sociedad Cooperativa Alta Pedra, Soc. Coop. Galega. Clave: 2007/0091_NAA/IPPC.

-Resolución do 23 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada a unha granxa de polos de engorde situada no lugar de Moimentos-As Lagoas-Piuca, no concello de Maceda (Ourense), promovida por Sociedad Cooperativa A Ponte, S.C.G., Clave: 2007/0094_NAA/IPPC.

-Resolución do 24 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se formula a declaración de impacto ambiental e se outorga a autorización ambiental integrada a Gestamp Cataforesis Vigo, S.L. para a planta de fabricación de pezas non eléctricas para automóbiles localizada no concello de Vigo (Pontevedra). Clave: 2005/0164_AIA/IPPC.

-Resolución do 24 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a planta de fabricación de pensos, no concello de Dozón (Pontevedra). Titular: Nutrimentos del Campo, S.A. Clave: 2006/0393_NAA/IPPC.

-Resolución do 24 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada a unha granxa de galiñas poñedoras e de recría situada na parroquia de San Vicente de Ulloa, no concello de Palas de Rei (Lugo), promovida por Granja Campomayor, S.L. Clave: 2007/0035_NAA/IPPC.

-Resolución do 24 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada a unha granxa de cebo de pavos emprazada no lugar de Vilela, no concello de Cualedro (Ourense), promovida por Unión de Inversiones Miño, S.A. Clave: 2007/0095_NAA/IPPC.

-Resolución do 25 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Industrias Losán, S.A. para a planta de fabricación de taboleiro recuberto con chapa de madeira ou con papel melamínico, no concello de Curtis, provincia da Coruña. Clave: 2006/0387_NAA/IPPC.

-Resolución do 25 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Frinova, S.A. para a planta de produción de produtos precociñados localizada no polígono industrial das Gándaras, concello do Porriño, provincia de Pontevedra. Clave: 2006/0390_NAA/IPPC.

-Resolución do 25 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada ao matadoiro avícola, planta de transformación de produtos cárnicos e planta de tratamento e transformación de subprodutos cárnicos (CPA), situado no concello de Ourense (Ourense), promovida por Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren), Clave: 2007/0081_NAA/IPPC.

-Resolución do 28 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Magnesitas de Rubián, S.A. para a planta de calcinación de magnesita localizada no concello do Incio, provincia de Lugo. Clave: 2006/0187_NAA/IPPC.

-Resolución do 28 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a fábrica de carbono sinterizado e electrografito, no concello da Coruña (A Coruña). titular: SGL Carbón, S.A. Clave: 2007/0007_NAA/IPPC.

-Resolución do 28 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha planta de elaboración de fariñas e aceites de peixe, situada no concello de Redondela (Pontevedra), promovida por Auxiliar Conservera, S.A. (Aucosa). Clave: 2007/0029_NAA/IPPC.

-Resolución do 29 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a fábrica de cloro-álcali, no concello de Pontevedra (Pontevedra). Titular: Electroquímica del Norte, S.A.U. Clave: 2005/0101_NAA/IPPC.

-Resolución do 29 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio, situada no concello de Padrón (A Coruña). Titular: Quintastone S.A. Clave: 2006/0285_NAA/IPPC.

-Resolución do 29 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de carburo cálcico, desulfurante, cal e dolomía calcinada, nitróxeno e cedifil, situada no concello do Barco de Valdeorras (Ourense). Titular: Compañía Española de Industrias Electroquímicas, S.A. (CEDIE, S.A). Clave: 2006/0308_NAA/IPPC.

-Resolución do 29 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de pavimentos e revestimentos cerámicos situada no concello de Catoira (Pontevedra). Titular: Cedonosa, S.A. Clave: 2006/0344_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a fábrica de celulosa, no concello de Pontevedra (Pontevedra). Titular: Grupo Empresarial Ence, S.A. Clave: 2004/0286_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para o complexo xestor de residuos, no concello das Somozas (A Coruña). Titular: Xilo Galicia, S.L. Clave: 2006/0156_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de produtos cerámicos para a construción situada no concello de Salvaterra de Miño (Pontevedra). Titular: Cerámicas del Miño, Carmen Ubeira y Cía, S.L. Clave: 2006/0166_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio, situada no concello de Padrón (A Coruña). Titular: EXL-Quintaglass S.L. Clave: 2006/0268_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para o complexo medioambiental e vertedoiro, no concello de Cerceda (A Coruña). Titular: Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) Clave: 2006/0327_AIA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de produtos cerámicos para a construción, situada no concello de Portomarín (Lugo). Titular: Fábrica de Ladrillos de Puertomarín, S.L. Clave: 2006/0345_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para unha instalación de fabricación de formol, colas e resinas e xestión de residuos marpol, situada no concello de Mugardos (A Coruña). Titular: Forestal del Atlántico, S.A. Clave: 2006/0349_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada á planta de transformación de subprodutos animais situada no concello de Arteixo (A Coruña), promovida por Ártabra, S.A.U. Clave: 2006/0350_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha fábrica de produtos cerámicos para a construción, situada no concello de Tui (Pontevedra). Titular: Sucesores de Severino Gómez, S.L. Clave: 2006/0382_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada a unha granxa avícola no concello de Taboadela (Ourense), promovida por Granja Amistad, C.B. Clave: 2007/0049_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa de polos de engorde no concello de Xinzo de Limia (Ourense), promovida por Cooperativa Agroganadera de A Piúca, Sociedad Cooperativa Galega. Clave: 2007/0051_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa avícola situada no concello de Cualedro (Ourense), promovida por Cooperativa Agrogandera de Seoane, Soc. Coop. Galega. Clave: 2007/0053_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa porcina de porcos de ceba no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense), promovida por Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.C.G. Clave: 2007/0070_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa porcina de porcas reproductoras situada no concello de Amoeiro (Ourense), promovida por Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren). Clave: 2007/0071_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha planta de fabricación de pensos en Caxigal-Bonxe, no concello de Outeiro de Rei (Lugo). Titular: COREN Agroindustrial, S.A.U. Clave: 2007/0073_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga autorización ambiental integrada a unha granxa de producción de ovos para cría situada en Vales, no concello de Amoeiro (Ourense), promovida por Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren) Clave: 2007/0077_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa de porcas reprodutoras no concello da Peroxa (Ourense), promovida por Cooperativas Orensanas, S.C.G. (Coren). Clave: 2007/0079_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada para a granxa de ceba de porcos Canal e Fuciños situada no concello de Sarreaus (Ourense), promovida pola Sociedade Cooperativa Alta Pedra, Soc. Coop. Galega; Clave: 2007/0082_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa de porcas reprodutoras granxa Fontearcada, situada no concello dos Blancos (Ourense). Titular: Cooperativa Agroganadera de A Piúca, S.C.G., Clave: 2007/0083_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa de polos de engorde no concello de Maceda (Ourense), promovida por Cooperativa Agroganadera de A Piúca, Sociedad Cooperativa Galega. Clave: 2007/0084_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a un matadoiro de gando vacún e planta de produción de produtos alimenticios, situado no concello de Lugo (Lugo), promovido por Novafrigsa, S.A. Clave: 2007/0090_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha granxa de polos de engorde situada no concello de Porqueira (Ourense), promovida por Cooperativa Agrícola Ganadera de Ourense, S.C.G. Clave: 2007/0097_NAA/IPPC.

-Resolución do 30 de abril de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Rodman Polyships, S.A.U. para a factoría de construción e reparación de buques localizada en Meira, no concello de Moaña (Pontevedra). Clave: 2007/0207_NAA/IPPC.

-Resolución do 5 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Alcoa Inespal, S.A. para a planta de aluminio. Localización: concello da Coruña (A Coruña). Clave: 2005/0272 _NAA/IPPC.

-Resolución do 6 de maio de 2008, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a unha instalación para a extrusión, lacado e anodizado de perfís de aluminio, situada no concello de Valga (Pontevedra). Titular: Aluminios Padrón, S.A. Clave: 2006/0262_NAA/IPPC.