Por esta resolución e en cumprimento do establecido no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e, por ser devolta polo servizo de correos, notifícaselle ao interesado cuxos datos persoais e último domicilio coñecido figuran no anexo, o trámite de audiencia realizado, en relación co recurso de alzada interposto por Argelina Gómez Garaboa contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Biduído-Bugallido (Ames-A Coruña), cuxa proposta de modificación o afecta e foi devolta polo servizo de correos.
Santiago de Compostela, 8 de abril de 2008.
Xosé Carballido Presas
Director xeral de Estruturas e Infraestruturas Agrarias
ANEXO
Destinatario: José García Iglesias.
Enderezo: Magdalena núm. 20-O Milladoiro-15895-Ames-A Coruña.
Acto notificado:
Como consecuencia do recurso de alzada interposto por Argelina Gómez Garaboa contra o acordo de concentración parcelaria da zona de Biduído-Bugallido (Ames-A Coruña), ponse en coñecemento da persoa mencionada que se propuxo a modificación que se cita e que lle interesa.
Durante o prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte á data de recepción desta notificación, poderá alegar todo canto considere conveniente. En caso de non recibir contestación, entenderase a súa completa conformidade coa modificación proposta, que non será efectiva ata que reciba a correspondente notificación da resolución do recurso.
O expediente estará á súa disposición durante o dito prazo nas oficinas do Servizo de Apoio (concentración parcelaria), na Consellería do Medio Rural, edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 47 68.
Modificación proposta:
Modificar a configuración e localización do predio 3/851, que queda cunha superficie de 2.768 m2 e 674,50 puntos de valor.

