DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 16 de xullo de 2008 Páx. 13.737

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (255/2008).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2008.

Mónica Sánchez Romero, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número tres desta localidade e o seu partido xudicial, viu estes autos de xuízo verbal seguidos ante este xulgado co nº 255/2008, sobre reclamación de cantidade, por instancia da entidade Redesyl S.L, representada polo procurador dos tribunais Manuel Merelles Pérez e asistido polo letrado José Mª Sánchez Lucas contra Héctor Manuel Bonome Outes, en rebeldía procesual, e dita a seguinte:

Decido:

«Que, estimando a demanda presentada polo procurador dos tribunais Manuel Merelles Pérez, en representación da entidade Redesyl S.L, contra Héctor Manuel Bonome Outes, en rebeldía procesual, debo condenar e condeno o demandado ao aboamento á demandante da cantidade de dous mil douscentos sete euros con noventa e catro céntimos (2.207,94 euros), cos xuros legais correspondentes de acordo co artigo 7 da Lei 3/2004.

As custas impóñenselle á parte demandada.

Contra esta resolución cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña que, se é o caso, deberá preparalo ante este mesmo xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación.

Por esta miña sentenza, así o ordeno, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Héctor Manuel Bonome Outes expídese esta cédula para que sirva de cédula de notificación.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2008.

O secretario

Rubricado