DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 20 de agosto de 2008 Páx. 15.771

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 174/2008, do 17 de xullo, polo que se aproba o escudo do Concello da Illa de Arousa (Pontevedra).

O Concello da Illa de Arousa (Pontevedra) considerou conveniente organizar correctamente o seu escudo municipal para perpetualo con simboloxía adecuada e conforme as normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, elevou o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica do seu escudo, para a aprobación definitiva deste.

A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos e bandeiras dos concellos e doutras entidades locais, correspóndelle á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro; e mais no Decreto 369/1998, do 10 de decembro, polo que se regula a composición e funcións da Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 73/2006, do 20 de abril.

Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de xullo de dous mil oito,

DISPOÑO:

Artigo único.

Aprobar o escudo do Concello da Illa de Arousa, que figura como anexo, organizado do seguinte xeito:

En campo de sinople fileteado de prata, unha ponte moderna de ouro sobre ondas de azur e prata, sumada dun faro de ouro con catro faces de luz saíntes da lanterna, dous en cada lado; bordura de azur cargado de trece vieiras de prata. Ao timbre, a coroa real pechada.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil oito.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

A Illa de Arousa-Escudo

Ver referencia pdf "16000D006P016.PDF"