En aplicación do disposto na base vixésimo segunda do 29 de maio de 2008 (DOG do 10 de xuño), pola que se ditan normas para a adxudicación de destino provisorio, para o curso 2008-2009, os mestres que non teñen destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia, esta secretaría xeral
RESOLVE:
Primeiro.-Facer pública no anexo a esta resolución a adxudicación definitiva dos destinos provisionais obtidos para o curso 2008-2009 aos mestres que non teñen destino definitivo.
Segundo.-A toma de posesión dos referidos destinos será con efectos do 1 de setembro de 2008.
Terceiro.-Os nomeamentos seranlles remitidos no mes de setembro aos interesados ao centro de destino obtido neste proceso.
Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2008.
Benito Fernández Rodríguez
Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
Ver referencia pdf "17200D009P023.PDF"
ANEXO
Ver referencia pdf "17200D009P023.PDF"