1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos como órgano de contratación do Servizo Galego de Saúde por delegación de competencias.
c) Número de expediente: AB-SER1-08-034.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación da instalación, soporte e desenvolvemento/mantemento das aplicacións SEPAP, RPROS, SAVAR, ACCEDE, LEMBRA e RILAB.
b) División por lotes e número: non.
c) Lugar de execución: Galicia.
d) Prazo de execución: un ano desde a formalización do contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:
Ver referencia pdf "17900D039P065.PDF"
4. Orzamento base de licitación: trescentos vinte e cinco mil oitocentos sesenta e dous euros con sete céntimos (325.862,07 ), sen IVE. Ver número 3.1 prego de cláusulas administrativas particulares.
5. Garantía provisional: si. Nove mil setecentos setenta e cinco euros (9.775 ).
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Servizo Galego de Saúde.
b) Domicilio: edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta.
c) Localidade e código postal: 15781 - Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 881 54 36 17 ou 881 54 27 87.
e) Telefax: 881 54 27 62.
f) Data límite de obtención de documentos e información: 2-10-2008.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: si. Grupo V; subgrupo 2; categoría C.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 2-10-2008.
Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que deben presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde (ver número 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións para a adxudicación provisional.
e) Admisión de variantes: non.
9. Apertura das ofertas: a data, hora e lugar de realización da mesa de apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.
10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: si, por conta do adxudicatario. Ver punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial das Comunidades Europeas: 27-8-2008.
13. Páxina web onde obter información relativa á convocatoria ou onde se poden obter os pregos: perfil do contratante: www.sergas.es.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2008.
P.D. (Resolución 7-7-2008)
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Subdirector xeral de Orzamentos

