DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Luns, 22 de setembro de 2008 Páx. 17.360

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2008, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se resolve a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2008-2009, en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores técnicos de formación profesional.

Pola Resolución do 20 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia, do 17 de xuño), da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ditáronse normas para a adxudicación de destino provisional para o próximo curso académico 2008-2009, entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, e profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño que non teñan destino definitivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Resoltas as reclamacións producidas á resolución provisional de determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e de profesores técnicos de formación profesional, esta secretaría xeral

RESOLVE:

Primeiro.

Adxudicarlle destino provisional para o curso académico 2008-2009 aos profesores que figuran no anexo desta resolución nos centros e especialidades que alí se especifican.

Segundo.

Facer públicas as comisións de servizo e os desprazamentos por falta de horario nas especialidades correspondentes.

Terceiro.

A toma de posesión será con efectividade do 18 de setembro de 2008, agás os profesores das especialidades de formación profesional específica do corpo de profesores de ensino secundario e os profesores técnicos de formación profesional que será con efectividade do 25 de setembro de 2008 e para os profesores de escolas oficiais de idiomas que será con efectividade do 26 de setembro de 2008.

Cuarto.

Sen prexuízo do previsto no punto anterior, no caso dos profesores interinos que teñen nomeamento durante o curso académico 2007-2008, a toma de posesión terá efectos económicos e administrativos do día inmediatamente posterior ao do seu cesamento.

Quinto.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2008.

Benito Fernández Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria

Ver referencia pdf "18300D011P012.PDF"