DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Martes, 23 de setembro de 2008 Páx. 17.450

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2008, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establecen os modelos dos documentos oficiais de avaliación do bacharelato.

O Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 13.8º que os documentos oficiais de avaliación do bacharelato son o expediente académico, as actas de avaliación, o informe persoal por traslado e o historial académico e determina que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria regulará os procedementos e os documentos necesarios para levar a cabo a avaliación do alumnado, así como a súa supervisión e custodia.

A Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se desenvolve a organización e o currículo das ensinanzas de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 8.8º establece que os documentos de avaliación se axustarán aos modelos que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e na súa disposición derradeira primeira autoriza a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa para tomar as medidas precisas para a execución desta orde.

De conformidade co exposto, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicos os modelos dos documentos oficiais de avaliación no bacharelato: actas de avaliación, anexo I; expediente académico, anexo II; historial académico, anexo III; e informe persoal por traslado, anexo IV.

Segundo.-Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2008.

María José Pérez Mariño

Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa

Ver referencia pdf "18400D002P006.PDF"