O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu número 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
As obras citadas no encabezamento desta resolución están incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ao programa 512-B, construción, conservación e explotación de estradas.
Con data 14 de xullo de 2006 procédese á aprobación do Proxecto de trazado do corredor Sarria-Monforte. Clave LU/03/007.01. Termos municipais de Sarria, O Incio Bóveda e Monforte de Lemos, polo director xeral de Obras Públicas por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
Con data 28 de decembro de 2007 a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra polo Decreto 269/2007, publicado no DOG nº 21, do 30 de xaneiro de 2008.
Con data 27 de maio de 2008 procédese á aprobación do Proxecto construtivo do corredor Sarria - Monforte de Lemos, treito A Áspera-Monforte de Lemos. Clave. LU/03/007.01.3, termos municipais de Bóveda e Monforte de Lemos, polo director xeral de Obras Públicas por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes. Con data 11 de setembro de 2008, procédese á aprobación do Proxecto construtivo do corredor Sarria - Monforte de Lemos, treito Noceda-A Áspera. Clave LU/03/007.01.2 termos municipais do Incio e Bóveda, polo director xeral de Obras Públicas por delegación da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.
Na súa virtude e en cumprimento do disposto no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servizo provincial, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convocar os titulares de bens e dereitos afectados para que comparezan no lugar, na data e hora que se citan, para proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, en que se recollerán os datos necesarios para determinar os bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
Concello de Monforte de Lemos:
-Día 20 de outubro de 2008.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 10.00 a 13.00.
De: Aceiro Moragues Gerardo a Barreira Pérez Luis.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: Bello Guitián Abel a Castro Martínez Manuel.
-Día 21 de outubro de 2008.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: Castro Pena José a Fernández Martínez Manuel.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: Fernández Rodríguez Amable a González Ledo Jesús.
-Día 22 de outubro de 2008.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: González Ledo Luis a López López Carmen.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: López López Manuel a Losada Otero Purificación.
-Día 23 de outubro de 2008.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: Losada Pardo José Antonio a Pérez Casar Manuel.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: Pérez Dacal Ana Luz a Rodríguez Aira Luis.
-Día 27 de outubro de 2008.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: Rodríguez Álvarez María a Rodríguez López Isabel.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: Rodríguez López José a Rodríguez Rodríguez Jaime.
-Día 28 de outubro de 2008.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: Rodríguez Rodríguez José a Vázquez Rodríguez Luis.
En: Centro da Terceira Idade do Concello de Monforte de Lemos.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: Vázquez Rodríguez Manuel a Vila Rodríguez Luz.
Concello de Bóveda:
-Día 29 de outubro de 2008.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 10.00 a 13.00.
De: Abella Rodríguez José a Carreira Sánchez Genoveva.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: Carreira Sánchez Manuel a Davila Nogueiro Carmen.
-Día 30 de outubro de 2008.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: Díaz Armesto Genaro a García Rodríguez Jacobo.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: García Rodríguez Ramón a González López Laura.
-Día 3 de novembro de 2008.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: González López Manuel a López Escontrela Luisa.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: López Fernández Consuelo a López Peña Rosa.
-Día 4 de novembro de 2008.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: López Pérez Emilia a Martínez Vázquez Guillermina.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: Mazorra Vázquez Aurora a Pardo López Severino.
-Día 5 de novembro de 2008.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: Pardo Macía Asunción a Resco Fernández Carlos.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 16.00 a 18.00.
De: Rey Fernández Luis Ángel a Rodríguez Mourelo Julia.
-Día 6 de novembro de 2008.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 9.00 a 13.00.
De: Rodríguez Mourelo Luisa a Vázquez Pérez María.
En: Casa da Cultura do Concello de Bóveda.
Horario: 16.00 a 17.00.
De: Vázquez Rodríguez David a Vilar Pardo Rosa.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos nos concellos de Bóveda e Monforte de Lemos e no Servizo Provincial de Estradas de Lugo (edificio administrativo rolda da Muralla, 70).
Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución; poderán ir acompañados, pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.
Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servizo Provincial de Estradas en Lugo, as alegacións que consideren pertinentes co obxecto de emendar posibles erros que se producisen ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.
Lugo, 12 de setembro de 2008.
Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Estradas

