DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 24 de outubro de 2008 Páx. 19.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 13 de outubro de 2008, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, da instalación eléctrica reelectrificación de Vimieiro e A Caivanca, no concello de Guitiriz. (Expediente 18/2007 A.T.).

Examinado o expediente instruído por instancia de BEGASA, con enderezo para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro 4-Lugo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 19 de xaneiro de 2007, a citada empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación denominada reelectrificación de Vimieiro e A Caivanca presentando o preceptivo proxecto das instalacións a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e con data do 2 de agosto de 2007 solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación, achegando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, mediante resolucións desta delegación provincial con datas do 20 de abril de 2007 e 10 de xaneiro de 2008. A primeira resolución foi publicada no BOP do día 30 de maio e no DOG do día 12 de xuño de 2007. A segunda resolución foi públicada no xornal El Progreso con data do 17 de xaneiro, no BOP do 23 de xaneiro, no DOG do 18 de xaneiro de 2008, e expostas no taboleiro de anuncios desta delegación provincial e no taboleiro de anuncios do Concello de Guitiriz. Con esta resolución inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na referida relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro.-Enviáronselles separatas relativas ao proxecto aos diferentes organismos afectados e cumpríronse os trámites establecidos a este respecto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto.-Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública realizouse a seguinte alegación:

1ª Mediante escrito do día 21-2-2008, con entrada nesta delegación o día 25-2-2008, Elvira Concha Fernández Gayoso, en representación de Elvira Gayoso Lage, solicita o cambio de trazado da liña proxectada, xa que considera que é menos prexudicial o desvío cara á parcela contigua porque non ten cultivo ningún, mentres que a súa está sementada de árbores.

A alegación foi remitida á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Quinto.-Os servizos técnicos desta delegación provincial emiten informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente de acordo co exposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o exposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan de que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 57 da Lei 54/1997, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os cales a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 211/2005, do 3 de agosto, e 232/2005, do 11 de agosto, nos que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e dos departamentos desta (DOG nº 149 e 155, do 4 e 12 de agosto de 2005, respectivamente); Decreto 231/2006, do 23 de novembro (DOG nº 244, do 21 de decembro de 2006), polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación e Industria; Decreto 36/2001, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión, aprobado polo Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-En vista da alegación presentada, da contestación a esta por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, considérase que tal alegación non impide continuar coa tramitación do expediente pola seguinte razón:

1ª A alegación realizada por Elvira Concha Fernández Gayoso, en representación de Elvira Gayoso Lage, non pode ser estimada xa que, segundo reflicte o informe técnico, con data do 7-1-2008, que figura no expediente, non existe limitación á imposición da servidume de paso no predio de referencia, informe que non resultou desvirtuado neste caso. Así mesmo, segundo consta no informe dos servizos técnicos desta delegación, con data do 25-9-2008, a solicitante non concreta nin define correctamente unha variante alternativa sen prexuízo de que, dado o carácter rectilíneo do trazado no tramo entre os apoios 3 e 4, esta produciría un trazado superior ao proxectado, producíndose outras afeccións a maiores e a terceiros, resultando a variación presumiblemente superior en lonxitude ao 10% da parte da liña afectada pola variación que segundo o proxecto transcorre sobre a propiedade da interesada, motivo este que impediría a súa admisión por imperativo do disposto no artigo 161 do Real decreto

1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta delegación provincial, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autorizar a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. o establecemento da instalación reelectrificación de Vimieiro e A Caivanca, no concello de Guitiriz, coas seguintes características técnicas principais:

1. L.M.T.A. derivación ao C.T. de Vimieiro: liña de media tensión aérea de 20 kV de tensión nominal e condutor LA-56/54,6 mm2 con illamento U-70/II sobre tres apoios tipo acacia-C normalizados de celosía, cunha lonxitude de 230 metros, con orixe na L.M.T. Vilalba-Baamonde tramo de derivación ao C.T. de Gaián no punto de derivación ao actual C.T. de Soaxe e final no C.T. de Vimieiro.

2. C.T. de Vimieiro: centro de transformación aéreo de intemperie sobre apoio metálico de celosía MT C 3000 de 100 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

3. R.B.T. en Vimieiro e A Caivanca: rede de baixa tensión a 400/230 V con orixe no C.T. de Vimieiro, cunha lonxitude de 907 metros, dous circuítos e condutores illados tipos R.Z. 0,6/1 kV 3×50/54,6 Alm sobre 15 apoios de formigón tipo hV e sobre dous de madeira.

Segundo.-Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica denominada reelectrificación de Vimieiro e A Caivanca, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Juan Carlos Vázquez Gómez.

Terceiro.-Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no xornal El Progreso do 17 de xaneiro, Diario Oficial de Galicia do 18 de xaneiro e no BOP de Lugo do 23 de xaneiro de 2008, e expostas no taboleiro de anuncios desta delegación provincial e no taboleiro de anuncios do Concello de Guitiriz. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas, se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens

afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante esta delegación provincial (sita no edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70, código postal 27071 Lugo).

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-As instalacións que se autorizan terán que se realizar de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Segunda.-O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira.-Deberase cumprir en todo momento canto establece a lexislación técnica de liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, así como, de ser o caso, a lexislación aplicable ás instalacións de baixa tensión e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, ademais do resto de normativa e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Innovación e Industria.

Quinta.-O prazo para a execución das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación/publicación desta resolución.

Sexta.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

A publicación desta resolución realízase tamén para os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co establecido no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 13 de outubro de 2008.

Ramón Jesús Cortés Máñez

Delegado provincial de Lugo