DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Xoves, 30 de outubro de 2008 Páx. 19.774

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros no texto do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 48, do 7 de marzo de 2008, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 3.959, na exposición de motivos, inmediatamente a continuación do parágrafo 5º, incluír: «Cabe mencionar, por último, que esta disposición foi sometida ao procedemento de información en materia de normas e regulamentacións técnicas e de regulamentos relativos aos servizos da sociedade da información, previsto na Directiva 98/34/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 22 de xuño, modificada pola Directiva 98/48/CE do 20 de xullo, así como no Real decreto 1337/1999, do 31 de xullo, que incorpora estas directivas ao ordenamento xurídico español».

Na páxina 3.959, na disposición adicional segunda, punto 1 onde di: «artigo 48», debe dicir: «artigo 47».

Na páxina 3.960, na disposición transitoria quinta, punto 1, onde di: «...prazo de 18 meses...», debe dicir: «...prazo de 12 meses...».

Na páxina 3.960, na disposición transitoria sexta, punto 1, onde di: «...boletíns de instalacións de máquinas de tipo B...», debe dicir: «...boletíns de instalacións de máquinas de tipo A e B...».

Na páxina 3.960, na disposición transitoria sexta, punto 2, onde di: «...autorización de instalación e situación...», debe dicir: «...autorización de instalación e localización».

Na páxina 3.960, na disposición transitoria oitava, punto 2, onde di: «...autorizar trocos de xogo...», debe dicir: «...autorizar cambios de xogo...».

Na páxina 3.961, no artigo 2º.-Exclusións, hai que numerar o punto 1, que empeza por «As disposicións deste regulamento non serán de aplicación: ...»

Na páxina 3.962, no artigo 4º.-Máquinas de tipo A ou recreativas, hai que numerar o apartado 1, que empeza por «Son máquinas de tipo A...».

Na páxina 3.962, no artigo 5º, punto 4, onde di: «O procedemento de homologación e autorización das devanditas máquinas serán fixados...», debe dicir: «O procedemento de homologación e autorización das devanditas máquinas será fixado...».

Na páxina 3.963, no artigo 7º, alínea e), terceiro parágrafo, onde di: «...la dirección xeral competente...», debe dicir: «...a dirección xeral competente...».

Na páxina 3.964 no artigo 10º, punto 4, onde di: «..., e atoparse autorizada polo organismo», debe dicir: «..., atoparse autorizada polo organismo».

Na páxina 3.964 no artigo 11º.1.a), onde di: «..., podendo homologar máquinas tipo C...», debe dicir: «...Poderanse homologar máquinas tipo C...».

Na páxina 3.965 no artigo 11º.1.d), onde di: «...unha porcentaxe non inferior ao 80% das apostas efectuadas, e poderán incrementar a devandita porcentaxe de devolución por vontade da empresa titular da máquina.», debe dicir: «...unha porcentaxe non inferior ao 80% das apostas efectuadas. A devandita porcentaxe de devolución poderase incrementar por vontade da empresa titular da máquina».

Na páxina 3.965 no artigo 11º.3.a), onde di: «Indicación do número de apostas posibles para efectuar por partida», debe dicir: «Indicación do número de apostas posibles que se poderá efectuar por partida».

Na páxina 3.965 no artigo 13º.1.e), onde di: «...partidas realizadas e permiso obtidos...», debe dicir: «partidas realizadas e premios obtidos...».

Na páxina 3.966 no artigo 15º.2, onde di: «...so órgano encargado do Rexistro de Modelos da Comunidade Autónoma de Galicia certifica que...», debe dicir: «...o órgano encargado do Rexistro de Modelos da Comunidade Autónoma de Galicia certifica que...».

Na páxina 3.967, no artigo 21º.1.b), onde di: «... espazo económico europeo,» debe dicir: «... Espazo Económico Europeo,».

Na páxina 3.968 no artigo 22º.2.b), onde di: «...a empresa solicitante verase obrigada pola proporcionar á súa consta o correspondente lector de memoria.», debe dicir: «...a empresa solicitante verase obrigada a proporcionar pola súa conta o correspondente lector de memoria».

Na páxina 3.973 no artigo 38º.2 in fine, substituír «...espazo económico europeo», por «...Espazo Económico Europeo».

Na páxina 3.973, no artigo 40º.3, onde di: «A autorización de explotación solicitarao a empresa...», debe dicir: «A autorización de explotación solicitaraa a empresa...».

Na páxina 3.974 no artigo 43º.-Suspensión provisional da autorización de explotación, hai que numerar o punto 1, que empeza por: «Cando por avaría...».

Na páxina 3.975, no artigo 47º.-«Troco de máquinas» debe dicir: «Cambio de máquinas».

Na páxina 3.977 no artigo 54º.4.c), onde di: «Que as partes en conflito se adopten...», debe dicir: «Que as partes en conflito adopten...».

Na páxina 3.977 no artigo 54.5º, onde di: «interrupción unilateral na explotación...», debe dicir: «interrupción unilateral da explotación...».

Na páxina 3.978 no artigo 59.2º, onde di: «...menores de idade, deben figurar no frontal das devanditas máquinas e de forma visible a prohibición de uso a estes/as», debe dicir: «...menores de idade. No frontal das devanditas máquinas e de forma visible deberá figurar a prohibición de uso a estes/as».

Na páxina 3.979 no artigo 63.b) onde di: «...nos casos de trámite de troco ou transmisión...», debe dicir: «...nos casos de trámite de cambio ou transmisión...».

Na páxina 3.979 no artigo 67º.4, onde di: «...resolución que deberá será ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico de administracións públicas e de procedemento administrativo común», debe dicir: «...resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Na páxina 3.982, no anexo, punto 3. Aseos, onde di: «...fracción, o de cabaleiros poden colocar un urinario...», debe dicir: «...fracción. No de cabaleiros poderase colocar un urinario...».