DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Luns, 03 de novembro de 2008 Páx. 20.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 2008 pola que se anuncia procedemento aberto para a contratación das obras do proxecto básico e de execución de rehabilitación e adaptación de edificio para sede da Área de Urbanismo.

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Concello de Ourense.

1.2. Dependencia na que se tramita o expediente: Negociado de Infraestruturas.

1.3. Número de expediente: ref. 1900.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto básico e de execución de rehabilitación e adaptación de edificio para sede da Área de Urbanismo.

2.2. Prazo de execución: 18 meses.

3. Tramitación, procedemento e criterios de valoración:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto, sen admisión de alternativas.

3.3. Criterios de adxudicación e a súa ponderación:

a) Oferta económica, 70 puntos.

b) Programa de traballo, 16 puntos.

c) Melloras gratuítas, 12 puntos (6 puntos pola súa oportunidade e 6 puntos pola súa relevancia económica).

d) Menor prazo, 2 puntos.

4. Orzamento base da licitación:

4.1. Importe total: 1.869.985,93 euros, IVE incluído, distribuído nas seguintes anualidades:

Ano 2008: 24.020 euros (IVE incluído).

Ano 2009: 874.980 euros (IVE incluído).

Ano 2010: 970.985,93 euros (IVE incluído).

5. Fianzas:

5.1. Definitiva: 5% do importe da adxudicación (IVE excluído).

6. Obtención da documentación e información:

6.1. Entidade: Negociado de Infraestruturas.

6.2. Enderezo: praza do Trigo, nº 2-3º.

6.3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

6.4. Teléfono: 988 26 93 33.

6.5. Web: www.ourense.es.

7. Requisitos:

7.1. Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar, non estean incursas en causa de prohibición ou incompatibilidade, e que teñan a seguinte clasificación: grupo C, subgrupos 2, 3 e 4, categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Prazo de presentación de proposicións: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

8.2. Documentación que hai que presentar: a que se sinala no artigo 5 do prego de condicións económico-administrativas.

8.3. Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello, sito na praza Maior, 1, das 9.00 ás 13.00 horas.

8.4. Localidade: Ourense.

8.5. Prazo de vinculación da oferta: 3 meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas:

9.1. Entidade: Concello de Ourense.

9.2. Enderezo: praza Maior, 1.

9.3. Datas: o oitavo día hábil seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: os gastos que xere esta contratación serán por conta do adxudicatario.

Ourense, 16 de outubro de 2008.

Andrés García Mata

Concelleiro delegado