DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 10 de decembro de 2008 Páx. 21.949

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 88/2008, do 30 de abril, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008.

Advertido un erro no devandito decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 88, do 5 de maio de 2008, cómpre facer a seguinte corrección:

-Na páxina 7.877, no anexo do decreto, a referencia que figura na epígrafe III.3 Prazas da OEP 2007 a «Técnico ambiental (14)» debe figurar como: «Técnico/a ambiental (41)».